Saltar ao contido

Hexápodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hexapoda»)
Hexápodos
Hexapoda
Henri Marie Ducrotay de Blainville 1816 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
SubfiloHexapoda Editar o valor en Wikidata
Blainville, 1816 Hexapoda Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 440 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gtg8 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780588435 Editar o valor en Wikidata
ITIS563886 Editar o valor en Wikidata
EOL2634370 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo [1] (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies),[2] así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).[2]

O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.

Características

[editar | editar a fonte]

Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións ou tagmas:[3] cabeza, tórax e abdome.

Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.

O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).

A respiración faise a través dun sistema de traqueas. A excreción realízase mediante os tubos de Malpighi, derivados do ectoderma.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Clasificación clásica

[editar | editar a fonte]

(Tirada de Lecointre e Le Guyader)[4]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

A filoxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dos dipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre a monofilia do clado Collembola+Protura (denominado ás veces Ellipura).

De considerarse que os dipluros están máis relacionados con colémbolos e proturos (cladograma A), aparece o clado Entognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán sería Ectognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.[5]

Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dos espermatozoides) de que os dipluros poden ser o grupo irmán dos insectos (cladograma B).[5] O clado denominaouse Euentomata.[6] O cladograma C sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertezas:[5]

Hexapoda
Entognatha
Ellipura
      

Collembola

Protura

Diplura

Ectognatha

Insecta

A
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola

Protura

Euentomata

Diplura

Insecta

B
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola

Protura

Diplura

Insecta

C

Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:

Clasificación 1:
Superclase Hexapoda

Clasificación 2;
Superclase Hexapoda

  1. Brusca & Brusca (2005).
  2. 1 2 Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. (Resumo) Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618.
  3. Do latín científico tagma, e este do grego τάγμα tágma "corpo de tropas", "clase", "orde", derivado de τάσσω tássō, "ordenar", "colocar en orde".
  4. Guillaume Lecointre, Guillaume e Hervé Le Guyader (2006):Classification phylogénétique du vivant. 3ª ed. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4273-3.
  5. 1 2 3 Tree of Life, Hexapoda Arquivado 14 de marzo de 2008 en Wayback Machine..
  6. "Systema Naturae 2000". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]