Saltar ao contido

Toronto

Toronto
 Nome orixinal
Image City of Toronto (en)
Image Toronto (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Image City of Toronto (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Image Torontois (fr)
Image Torontano (eo)
Image torontoniani (it)
Image торонтец (ru)
Image Torontonians (en)
Image Torontoise (fr)
Image Torontonian (en)
Image торонтка (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista aérea
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
 Epónimo
 Texto lema
Diversity Our Strength (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Representado por
 Lingua oficial
 Economía
 Demografía
 Clasificación climática
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Image alcalde de Toronto Editar o valor en Wikidata
Olivia Chow (2023 - )
Rob Ford (2010 - 2014)
John Tory (2014 - 2023)
David Miller (pt) Traducir (2003 - 2010)
Mel Lastman (1998 - 2003) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1750 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Continente
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
44.821 (1861) valor descoñecido
181.200 (1891) valor descoñecido
712.800 (1971) estimación
599.000 (1981) estimación
3.480.000 (2000) estimación
2.615.060 (2011) censo
2.731.571 (2016) censo
2.794.356 (2021) censo do Canadá de 2021 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   630,21 km² Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
81,7 a (2016)
86,7 a (2016) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   76 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postalM Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap324211 Editar o valor en Wikidata
VIAF244542798 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404093523 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h7h6 Editar o valor en Wikidata
IATAYTO Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: cityofto Twitter: TorontoComms Instagram: cityofto Bluesky: toronto.ca LinkedIn: city-of-toronto Snapchat: youthtoronto Youtube: UCZFn4WYQMSylhyj8paAGLRw Flickr: 34608255@N08 BNE: XX455342 GitHub: CityofToronto Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Toronto é a maior cidade do Canadá e a cuarta maior de América do Norte, así como a capital da provincia de Ontario.[1] Sitúase na marxe norte do lago Ontario. No censo de 2021 tiña 2 794 356 habitantes, mentres que a súa área metropolitana censual acadaba os 6 202 225 habitantes.[2] A cidade é un importante centro económico e cultural canadense, cunha poboación marcada pola inmigración: en 2021, o 46,6 % dos seus habitantes eran inmigrantes.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A orixe e o significado da palabra "Toronto" continúa a ser materia de debate hoxe en día. A definición máis común di que "Toronto" vén da palabra hurón toran-ten, que significa "lugar de encontro". Porén, outros consideran que vén da palabra mohawk tkaronto, que significa "onde hai árbores sobre a auga", nunha referencia ás augas do norte do actual Lago Simcoe (os mohawk chamaban este lago de "Lago Toronto"). Este litoral estaba conectado ao litoral do Lago Ontario por unha vía que levaba ata ao Río Humber e a súa foz no Lago Ontario. A medida que a vía se tornou cada vez máis usada, o termo "Toronto" tamén pasou a ser cada vez máis usado, e eventualmente, pasou a ser tamén usado para nomear un posto comercial francés próxima á foz do Río Humber. Parte desta confusión pode atribuírse á sucesión de pobos indíxenas que viviron na área ao longo do século XVIII: huróns, seneca, iroqueses e mississaugas, que orixinaron o nome da segunda maior cidade da Rexión Metropolitana, Mississauga, localizada ao oeste de Toronto.[1]

Ata o inicio da colonización británica, non había asentamentos permanentes na rexión, aínda que tanto os nativos indíxenas coma os franceses tentaron instalar asentamentos permanentes, incluíndo a construción dun pequeno forte próximo á foz do Río Humber, actualmente enterrado baixo o chan, onde se localiza agora a Canadian National Exhibition. Os británicos construíron un forte e un asentamento que foi chamado de "York". Os ingleses déronlle á cidade o nome de Toronto en 1834.

Artigo principal: Historia de Toronto.

Localizado na marxe norte do Lago Ontario, Toronto era orixinalmente un termo usado nunha indeterminada localización xeográfica, aparecendo aproximadamente na mesma área da futura cidade de Toronto en mapas do final do século XVII e do inicio do XVIII. Eventualmente, o nome "Toronto" designou a área localizada na foz do Río Humber.

Exploración e asentamento europeo

[editar | editar a fonte]

Anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos, varias tribos indíxenas vivían na rexión. As principais eran os algonquinos, os huróns, os iroqueses, os mississaugas e os seneca. As terras da actual cidade están cubertas polo Tratado 13 cos Mississaugas of the Credit e polos Williams Treaties, asinados con varias bandas mississaugas e chippewa.[4] Os primeiros exploradores europeos exploraron a rexión na década de 1640, en expedicións francesas que partían de Quebec, rumbo aos Grandes Lagos. Tales expedicións foron feitas por orde de Samuel de Champlain. A rexión pasou entón a facer parte da colonia francesa de Nova Francia.

Porén, a colonización europea en todo o Canadá central, incluíndo a rexión de Toronto, foi case inexistente ata 1784. Ata entón, o número de colonos europeos en toda a área que actualmente é a provincia de Ontario era de aproximadamente 400 habitantes. Xa en 1720, os franceses levantaran un pequeno almacén comercial na marxe do Río Humber, que fracasou economicamente e foi abandonado cara a 1730.[1] En 1750, os franceses construíron un posto comercial próximo á foz do Río Humber, e un forte próximo ao Río Don. Este forte chamábase Fort Rouillé. En 1759, os franceses queimárono para impedir que as forzas británicas ao avanzaren pola rexión tomasen o control do forte e abandonaron a rexión. En 1763, toda a Nova Francia pasou ao dominio inglés, ao final da guerra dos Sete Anos, baixo os termos do Tratado de París.

Despois de 1784, ao fin da Revolución Americana de 1776, un gran número de colonos norteamericanos leais á Coroa británica abandonaron os novos Estados Unidos de América. Os británicos forneceron materiais e terras para estes colonos, e recompensaron con diñeiro a moitos deles que loitaran a carón das forzas británicas. A denominada Compra de Toronto, acordada en 1787 e confirmada en 1805 como Tratado nº 13, transferiu aos británicos máis de 1 000 km² de terra dos Mississaugas, un territorio que constitúe actualmente Toronto e algúns dos seus suburbios, para acoller estes colonos.[5] En 2010, o goberno do Canadá chegou a un acordo cos Mississaugas of the New Credit First Nation para resolver as reclamacións sobre a validez da transacción orixinal.[5] Os británicos construíron unha vila, nas actuais illas de Toronto e mais un forte. Tanto o forte canto a vila foron nomeados como York. As illas de Toronto son unha cadea de pequenas illas que levan a un pantano (actualmente inexistente, xa que foi drenado) ao oeste da cadea, e a unha abertura ao leste do arquipélago, que forma unha baía que protexía naturalmente a vila acabada de crear, protexida polo Fort York, no centro xeográfico das illas. A vila ficaba do outro lado do arquipélago, próximo á actual Parliament Street.

En 29 de xullo de 1793, o Tenente Gobernador da nova colonia británica do Canadá Superior (base da actual provincia de Ontario), John Graves Simcoe, escolleu York para ser a nova capital, mudando da entón Newark —actualmente, Niagara-on-the-Lake— oficialmente, o 1 de febreiro de 1796.

Image
Vista das actuais illas de Toronto. Á esquerda, pódese ver o porto da cidade.

O Tenente Gobernador Simcoe estaba especialmente preocupado en iniciar comunicacións militares entre os asentamentos ao sur do Canadá Superior —especialmente Newark, entón a capital da colonia— e aqueles asentamentos no leste, tales como Kingston. Para isto, Simcoe iniciou a construción de varias estradas. Dundas Street construíuse para conectar a rexión de York ata a vila homónima, Dundas, próxima a Hamilton, para continuar ao oeste, en dirección a Windsor, na fronteira canadense cos Estados Unidos. A Kingston Road construíuse entre Toronto e Montreal, pasando por Kingston. A maior parte desta estrada formaría posteriormente a Autoestrada MacDonald-Cartier, hoxe en día unha das autovías con máis tráfico do mundo. Foi construída unha terceira rota, a Yonge Street, entre o Lago Ontario e o Lago Toronto (actualmente o Lago Simcoe), inaugurada en tres anos. A Yonge Street é actualmente a liña divisoria leste-oeste de Toronto, e é moitas veces chamada "a rúa máis longa do mundo", con 1 896 quilómetros de lonxitude, que se estenden ata Rainy River, Ontario, na fronteira canadense co estado norteamericano de Minnesota. Todas as tres estradas mencionadas aínda existen nos días actuais.

En 1813, durante a Guerra de 1812, York foi atacada por forzas norteamericanas, e queimada parcialmente. En resposta a este ataque, os ingleses invadiron a capital norteamericana, Washington, D.C., no ano seguinte. Fort York entón era un forte de pequeno porte, e os seus defensores británicos, vendo que a defensa do forte sería imposíbel, decidiron recuar, incendiando antes as paredes e o chan próximos ao depósito de municións. Cando as forzas norteamericanas entraron, este depósito repentinamente estoupou, matando varios soldados norteamericanos. As tropas norteamericanas ficaron durante catro días no forte e saquearon a vila homónima. Ademais de ouro e diñeiro, os norteamericanos tomaron o mastro cerimonial da Asemblea Lexislativa. Estre mastro foi devolvido soamente en 1934, por orde do entón presidente norteamericano Franklin Delano Roossevelt. Despois da saída das tropas norteamericanas, os británicos construíron un forte moito máis resistente, a aproximadamente douscentos metros ao oeste da localización orixinal. Outro ataque norteamericano foi derrotado con facilidade, pois os navíos norteamericanos non foron capaces de aproximarse ao litoral.

Moitas das illas de Toronto actualmente xa non existen, senón que foron incorporadas ao continente pola expansión artificial do litoral do continente en dirección ás illas. Actualmente, este forte está a centenas de metros do litoral da cidade, escondido pola Gardiner Expressway.

En 1834, a entón cidade secundaria (town) de York foi elevada á categoría de cidade primaria (city) o 6 de marzo, e foi renomeada como Toronto, para distinguir a cidade de varias outras localidades na colonia, incluíndo o condado onde Toronto estaba situado. William Lyon Mackencie tornouse o seu primeiro prefecto. Entón, Toronto tiña preto de dez mil habitantes. En 1837, Mackencie liderou unha revolta contra o goberno británico, buscando maior autonomía para a colonia, na Revolta do Canadá Superior. Esta rebelión, que non gañou popularidade, foi facilmente extinguida polos británicos, e Mackenzie fuxiu para os Estados Unidos.

A gran fame irlandesa de 1846-1849 trouxo un gran número de irlandeses á cidade. Os irlandeses protestantes eran xeralmente benvidos pola poboación inglesa e escocesa da cidade, e logo varios destes irlandeses ocuparían importantes postos no comercio, educación e na política. A Orde de Orange tornouse dominante na sociedade de Toronto, tanto que na década de 1920 Toronto era chamado de "A Belfast do Canadá". A importancia da Orde de Orange diminuíu soamente despois da década de 1940. En contraste, os irlandeses católicos que se instalaron en Toronto enfrontáronse á intolerancia e á discriminación, tanto da sociedade como do goberno. Os irlandeses compuñan case a totalidade da poboación católica da cidade ata a década de 1890, cando comezaron a instalarse na cidade católicos alemáns e franceses. Porén, mesmo así, os irlandeses católicos continuaron a formar o 90% da poboación católica da cidade. Varias iniciativas dos irlandeses e os seus descendentes tales como a fundación da Universidade de Saint Michael en 1852, tres hospitais e varias organizacións de caridade fortaleceron a identidade irlandesa —independente da relixión— na cidade, transformando a presenza irlandesa en Toronto nunha de influencia e poder.

Crecemento

[editar | editar a fonte]
Image
Mapa de Toronto en 1894.
Image
O Viaduto Príncipe Eduardo.

Toronto creceu rapidamente nas décadas finais do século XIX. A súa poboación pasou de 30 000 habitantes en 1851 a 56 000 en 1871 e 181 000 en 1891. Nesta época, foi instalado un sistema de tranvías ao longo da cidade —gran parte deste sistema aínda está operativo— alén da construción de ferrovías, en especial, a Canadian Pacific Railway, que conectaron Toronto con outras cidades primarias do Canadá. Tamén se construíron ferrovías radiais, raís que corrían ao longo de vías públicas primarias con rúas e avenidas. Unha destas ferrovías radiais estaba instalada na Yonge Street, conectando Toronto co Lago Simcoe, e así, permitía aos pasaxeiros o traslado ás praias do Lago Simcoe. Nesa época, as augas das praias de Toronto ao longo do Lago Ontario estaban contaminadas de máis para seren usadas para o lecer, debido a que o lixo da cidade era lanzado directamente nas augas do Lago Ontario.

A economía da cidade tamén pasou a medrar axiña durante o final do século XX, grazas á construción destas ferrovías, e á adopción de medidas por parte do goberno canadense para protexer a industria e o comercio canadenses dos produtos estadounidenses. Construíronse moitas fábricas, e a cidade tornouse axiña un dos polos económicos do país, atraendo máis inmigrantes, italianos e alemáns, alén de ingleses, escoceses, irlandeses e franceses. Malia que a máis antiga e poboada Montreal conservaba o liderado, os despachos centrais financeiros, as fábricas e os almacéns fixeron de Toronto o segundo centro económico do país.[1]

A Grand Trunk Railway e a Great Nothern Railway foron unidas despois da construción da Union Station, no centro da cidade. Coa adopción de medidas do goberno canadense para promover o poboamento das rexións centrais do Canadá, Toronto tornouse o punto de partida de persoas —fundamentalmente inmigrantes— con rumbo ao oeste. Toronto tornouse un importante polo ferroviario e tamén bancario.[1] En 1904, grandes seccións do centro de Toronto foron destruídas no Incendio de Toronto de 1904, aínda que foron axiña reconstruídas.

A medida que a cidade medraba, ficou naturalmente cercada polo Río Humber ao oeste e polo Río Don ao leste. Varios ríos e regatos de menor porte cortaban a cidade, e moitos destes pasaron a ser usados como desaugadoiros a ceo aberto. O treito dun destes regatos corría por baixo da Universidade de Toronto. Todo isto pasou a crear graves problemas de saúde na cidade.

Século XX

[editar | editar a fonte]

O río Don separaba Toronto das cidades localizadas ao leste do río e creaba así serias dificultades de transporte dun punto a outro do val. En 1919 construíuse o Viaduto da Bloor Street, conectando Bloor Street no lado oeste do val con Danforth Avenue ao leste. Edmund Burke, o enxeñeiro que desenvolveu a ponte, exixiu que se engadise un andar inferior na ponte para os trens. A cidade non quería pagar este andar extra, mais Burke insistiu e a cidade cedeu. Este andar extra aforrou á cidade millóns de dólares, cando se construíu unha liña de metro leste-oeste. A construción do viaduto representa un marco histórico na historia de Toronto. Agora conectada ao que eran anteriormente cidades separadas, a cidade de Toronto creceu drasticamente durante as décadas iniciais do século XX.

A demanda de material de guerra ao longo da primeira guerra mundial fixo que o sector industrial da cidade medrase drasticamente. A poboación da cidade tamén continuou a crecer rapidamente ata a década de 1930, cando a Gran Depresión xerou desemprego e miseria na cidade. Moita xente saíra de Toronto, sen rumbo definido, en dirección a varias outras cidades canadenses, buscando atopar un emprego ou un abrigo. A segunda guerra mundial novamente trouxo prosperidade económica para a cidade, amais dun intenso crecemento de poboación. Este crecemento aumentou aínda máis despois do fin da guerra, coa chegada de millares de inmigrantes europeos anualmente, o que proseguiría ata a década de 1970. A poboación do conxunto metropolitano superara o millón de habitantes xa en 1951.[1]

Image
Canada National Tower, Toronto.

O rápido crecemento de poboación causou varios problemas. A cidade de Toronto, entón, posuía un quinto do seu tamaño actual, e existían outras doce cidades dentro dos actuais límites de Toronto. Isto causou serios problemas no tránsito, falta de abrigos e ata mesmo falta de auga potábel nalgunhas destas cidades. Toronto e os seus doce suburbios moitas veces non conseguían traballar xuntos para resolver estes problemas. Alén diso, algunhas destas municipalidades non tiñan fondos suficientes. Este problema fixo que a provincia de Ontario crease o 1 de xaneiro de 1954 a Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto, unha subdivisión semellante á dun condado ou á dunha municipalidade rexional, mais con máis poderes e autonomía. Estas cidades eran New Toronto, Mimico, Weston e Leaside, as vilas de Long Branch, Swansea e Forest Hill; e os distritos rurais de Etobicoke, York, North York, East York e Scarborough. Os límites desta municipalidade forman os actuais límites da cidade de Toronto.

Como resultado do crecemento que seguiu, Ontario decidiu, en 1967, reducir o número de cidades, vilas e distritos rurais dentro da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto a seis, despois da fusión de Long Branch, New Toronto e Mimico en Etobicoke, Weston en York, Leaside en East York e Swansea e Forest Hill en Toronto. Esta Municipalidade trouxo varios avances á cidade, como a instalación do primeiro sistema computerizado de tráfico do mundo, a construción de abrigos para necesitados e de abrigos de baixo alugamento para familias de baixa renda. Os problemas de abastecemento de auga foron solucionados, e construíuse un extensivo sistema de metro entre 1954 e 1972.

Ao longo da década de 1960 e de 1970, a cidade de Toronto superou en importancia económica a cidade quebequesa de Montreal. Varias empresas anteriormente con sede en Montreal mudáronse para Toronto. En 1968, a cidade realizou unha extensiva revitalización do litoral da cidade, permitindo o acceso ás praias. En 1971 foi construído un parque de diversións, o Ontario Place, e en 1976 foi inaugurada a CN Tower. Coa construción desta última, durante tempo a estrutura máis alta do mundo, Toronto converteuse un polo turístico, atraendo millóns de turistas anualmente.

Despois da década de 1970, o número de inmigrantes europeos pasou a caer, e a crecente inmigración de asiáticos, hispánicos e africanos fixeron de Toronto unha cidade multicultural. En 1981 foi inaugurado o Eaton Centre, o centro comercial máis famoso da cidade, e en 1989 construíuse o SkyDome.

En 1997, Toronto tiña preto de 625 000 habitantes, e era a segunda maior cidade en poboación do Canadá, atrás só de Montreal, aínda que a súa rexión metropolitana fose significantemente maior. Neste ano, o goberno de Ontario decidiu fundir todas as cidades da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto —Toronto, North York, Scarborough, Etobicoke, York e East York— nunha única cidade de Toronto. Moitos habitantes opuxéronse a esta fusión, argumentando que destruiría a identidade propia destas distintas comunidades, e tamén reduciría servizos públicos, tales como a saúde e a educación. Mesmo así, a fusión ocorreu o 1 de xaneiro de 1998.[6] Toronto, cos seus 2,2 millóns de habitantes, tornouse a maior cidade do país, superando a Montreal e o seu millón de habitantes. En 1997 houbo eleccións a prefecto da nova supercidade, que venceu Mel Lastman, anteriormente prefecto da extinta cidade de North York.

Tempos recentes

[editar | editar a fonte]
Image
Vista de Toronto durante o solpor.

En 2002, Toronto foi a sede do Día Mundial da Xuventude de 2002. Tamén no mesmo ano, o Papa Xoán Paulo II visitou a cidade. Os dous maiores sindicatos da cidade, a Locals 79 e a 416 of CUPE (Canadian Union of Public Employees) puxéronse en folga algunhas semanas antes do acontecemento do Día Mundial da Xuventude. Bibliotecas, escolas infantís, recollida do lixo e outros servizos públicos de responsabilidade municipal fecharon. O goberno de Ontario forzou os sindicatos a volver ao traballo algúns días antes do acontecemento.

En 2003, Toronto foi atinxida pola epidemia de pneumonía asiática, traída por un canadense de ascendencia chinesa que viaxara anteriormente a Hong Kong. En total, a doenza contaminou centenas de persoas, matando 42. Aínda que a doenza atinxira primariamente hospitais —infectando na súa maioría profesionais da saúde e pacientes, a maioría das mortes foron de pacientes que xa tiñan a saúde danada— a Organización Mundial da Saúde, o 21 de abril, anunciou ao mundo que non se debería realizar ningunha viaxe innecesaria á cidade. Toronto foi a única cidade do hemisferio occidental en ser elevada á categoría de "altamente perigosa". O turismo caeu drasticamente, e o comercio en xeral entrou en recesión. Para tentar recuperarse deste choque, a cidade realizou un concerto musical, chamado de SARStock, con bandas e cantantes coñecidos internacionalmente, tales como os Rolling Stones, AC/DC, Rush, The Guess Who, Justin Timberlake etc. O concerto atraeu aproximadamente 450 mil persoas, facendo do concerto un dos dez maiores da historia.

O 14 de agosto de 2003, Toronto, ben como todo o sur do Ontario e o nordeste dos Estados Unidos, sufriu un apagamento xeral, o apagamento de América do Norte de 2003. Os resultados causaron caos xeral na cidade. A electricidade soamente volveu nalgunhas áreas da cidade despois de 12 horas, e noutras despois de 3 días.

Nas eleccións municipais de 2003, David Miller foi escollido como o novo prefecto, despois dunha exitosa campaña electoral, que incluíu a promesa de cancelar unha ponte que conectaba o Toronto Island Airport co continente. En 2004, a cidade equilibrou os gastos por primeira vez en anos, a través da elevación moderada de impostos de propiedade e de maiores cantidades de ingresos recibidos do goberno provincial e nacional.

Toronto foi candidata aos Xogos Olímpicos de Verán de 2008, quedando en segundo lugar detrás de Pequín. Inicialmente ía presentarse para os Xogos de 2012, mais retirouse porque os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foran adxudicados a Vancouver, tamén no Canadá.

Xeografía e clima

[editar | editar a fonte]

Toronto está localizada na marxe norte do Lago Ontario. A cidade limita ao sur co Lago Ontario, ao leste coa Municipalidade Rexional de Durhan, ao norte coa Municipalidade Rexional de York e ao oeste coa Municipalidade Rexional de Peel. A maior parte dos límites con estas municipalidades rexionais están en rúas ou ríos: ao leste a través do Río Rouge, ao norte coa Steeless Avenue e ao oeste coa Etobicoke Creek, a Renforth Avenue, a Eglinton Avenue e a Expressway 427. Varios ríos cortan a cidade, dos cales os principais son o Don, o Río Humber e o Río Rouge. As súas coordenadas xeográficas son 43°41′N e 79°38′O. A cidade posúe unha área total de 641 km².

Un dos trazos físicos máis característicos de Toronto é a súa rede de vales e barrancos, formados polos ríos Don, Humber e Rouge e polos seus afluentes. Estes corredores verdes, que se estenden desde o interior ata o litoral do lago, son un elemento central da planificación ambiental da cidade, e o concello mantén unha Estratexia de Barrancos para protexer a súa ecoloxía e ordenar o seu uso recreativo.[7][8]

Na desembocadura do río Don, o proxecto de protección contra inundacións de Port Lands transformou o antigo litoral industrial da cidade. A obra desviou e naturalizou o curso do río, creou a nova illa de Ookwemin Minising e protexe contra as inundacións 174 hectáreas de terreo da zona portuaria e da fronte marítima oriental. Alí abriu as súas portas o 18 de xullo de 2025 o parque Biidaasige, o maior novo parque da cidade nunha xeración. A obra desbloqueou ademais 39,6 hectáreas de terreo na nova illa para futuras vivendas e espazos públicos.[9][10][11] A revitalización da fronte marítima é coordinada por Waterfront Toronto, a corporación creada polos tres niveis de goberno para xestionar a rexeneración do litoral portuario.[9]

Toronto posúe un clima temperado, con catro estacións ben definidas, quente e seco no verán e frío e húmido no inverno. As máximas no verán varían entre 20 °C a 36 °C, e as mínimas entre 10 °C e 25 °C. A media no verán é de 26 °C, e a media das mínimas no verán é de 15,5 °C. No inverno, a temperatura máxima varía entre -20º a 15º e as mínimas varían de -26 °C a 0 °C (ás veces caendo ata -45 °C, aínda que isto sexa raro), sendo que o factor do vento diminúe aínda máis estas temperaturas. A media das máximas é de 0 °C, e a media das mínimas é de -6.6 °C.

A precipitación media anual na cidade é de 81 centímetros, en forma de choiva e sarabia. As precipitacións medias de neve anual son de 250 centímetros. O mes menos chuvioso é agosto, con apenas 9 días de choiva de media. O mes máis chuvioso é xaneiro, que rexistra de media 16 días nos que hai precipitación de choiva, neve ou sarabia. Contándose apenas as formas de precipitación líquida, os meses máis chuviosos son os de primavera con, de media, 13 días chuviosos.

O cambio climático supón un risco crecente para a cidade. O informe municipal sobre os riscos climáticos de Toronto, publicado en 2025, identifica a calor extrema, as precipitacións intensas e as inundacións como as principais ameazas para a poboación e a infraestrutura municipal nas vindeiras décadas.[12][13] Para facerlles fronte, o concello adoptou a estratexia TransformTO, que fixa a meta de acadar emisións netas cero para 2040, e o 17 de decembro de 2025 aprobou o seu plan de acción para o período 2026-2030.[14][15]

Administración

[editar | editar a fonte]
Image
Vista da prefectura de Toronto.
Image
Vista da Asemblea Lexislativa do Ontario. Toronto é a capital da provincia.

O goberno municipal está formado pola alcaldía, elixida no conxunto da cidade, e por 25 concelleiros, un por cada distrito electoral. O consello municipal ten, polo tanto, 26 membros.[16] Olivia Chow gañou as eleccións á alcaldía de 2023 e é a 66ª alcaldesa de Toronto. Foi a primeira persoa de ascendencia asiática en ocupar o cargo e a primeira muller desde a fusión municipal de 1998.[17]

A organización municipal actual abrangue os territorios das antigas municipalidades de Toronto, Etobicoke, North York, East York, York e Scarborough, reunidas nunha soa cidade en 1998.[17]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Image
Toronto é unha cidade multicultural, con etnias das máis diversas partes do mundo. A College Street é o centro da Little Italy, un barrio italiano da cidade.
Cantidade de poboaciónAno0500.0001.000.0001.500.0002.000.0002.500.0003.000.0003.500.0001860189019201950198020102040TorontoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

No censo de 2021, Toronto rexistrou 2 794 356 habitantes, fronte aos 2 731 571 de 2016. A súa poboación aumentou en 62 785 persoas, un 2,3 %, nese quinquenio. As cifras corresponden aos límites municipais e non deben confundirse coas da área metropolitana censual, que tiña 6 202 225 habitantes en 2021.[2]

A inmigración ten un peso importante na poboación da cidade. En 2021 residían en Toronto 1 286 140 inmigrantes, o 46,6 % da poboación recollida para esa variable censual. O 26,6 % destas persoas chegara ao Canadá durante os dez anos anteriores; o 55,7 % dos inmigrantes nacera en Asia.[3]

Segundo a clasificación censual de Statistics Canada, o 55,7 % da poboación da cidade, 1 537 285 persoas, identificouse como integrante dun grupo racializado ou «minoría visible». Esta proporción fora do 51,5 % en 2016. A categoría estatística de grupo racializado non é equivalente á de inmigrante: inclúe persoas nacidas no Canadá, mentres que non todos os inmigrantes pertencen a ela.[3]

No tocante aos fogares, o censo de 2021 contou na cidade 1 160 890 vivendas particulares ocupadas, 47 960 máis que en 2016, e o ingreso medio por fogar era de 84 000 dólares canadenses, uns 18 000 dólares por riba do rexistrado no censo anterior.[18][19]

Segundo os datos recollidos pola Canadian Encyclopedia, os grupos étnicos máis citados polos habitantes da cidade son o surasiático (12,6 % da poboación), o chinés (12,4 %), o inglés (12,3 %), o canadense (12 %), o negro (8,9 %) e o filipino (5,7 %), mentres que os pobos indíxenas representaban o 0,9 % da poboación en 2016.[1]

A cidade está a facerse máis densa: entre 2016 e 2021 engadíronse 49 350 vivendas en edificios de cinco ou máis andares, un 10 % máis, mentres o tamaño medio dos fogares diminuíu, unha tendencia que o concello vincula ao auxe da construción de apartamentos.[19]

Barrios e distritos

[editar | editar a fonte]

Toronto posúe un total de 240 barrios diferentes. Moitos foron no pasado cidades ou vilas, que foron eventualmente fundidos con outras cidades. Ata 1997, Toronto estaba dividido en seis distintas cidades: a cidade de Toronto propiamente dita, North York, Scarborough, Etobicoke, York e East York. Estas seis cidades foron fundidas nunha única cidade de Toronto en 1998. As seis antigas subdivisións son agora seis distintos distritos (boroughs) de Toronto.

Moitos destes barrios están nomeados en homenaxe á unha dada etnia ou nacionalidade. A Corso Italia e a Little Italia son chamadas así polo gran número de italianos, en canto a Portugal Village posúe unha grande poboación portuguesa, vindos do continente europeo. Varias áreas da cidade tamén son cognominadas pola prefectura da cidade, aínda que non posúan o estatuto de barrio, como a Rúa Azores —que é unha área cognominada, non unha rúa— que posúe unha grande poboación portuguesa, descendentes de inmigrantes vindos dos Azores.

Economía

[editar | editar a fonte]

Toronto é o principal centro económico e financeiro do Canadá, posición que foi gañando progresivamente fronte a Montreal ao longo do século XX.[1]

A enquisa municipal de emprego de 2025 rexistrou 1 623 710 postos de traballo na cidade, 23 410 máis que en 2024, un aumento do 1,5 %. As cifras proceden dos establecementos situados dentro dos límites municipais: non representan a poboación ocupada residente nin o conxunto da rexión metropolitana.[20]

A enquisa distingue seis grupos de actividade. As oficinas concentraban 813 120 empregos, o 50,1 % do total; o emprego institucional chegaba a 302 160 postos; os servizos, a 183 220; o comercio polo miúdo, a 144 380; a manufactura e o almacenamento, a 123 380; e as actividades comunitarias e de lecer, a 57 460. Esta clasificación municipal describe o uso dos establecementos e non debe confundirse coa división habitual entre sectores primario, secundario e terciario.[20]

Evolución do emprego

[editar | editar a fonte]

Entre 2024 e 2025, o emprego nas oficinas medrou en 23 870 postos. Pola contra, a manufactura e o almacenamento perderon 4 000 empregos e o comercio polo miúdo, 2 820. As actividades comunitarias e de lecer tiveron o maior crecemento relativo dos seis grupos, cun 7,9 %.[20]

Alcance da enquisa municipal

[editar | editar a fonte]

A enquisa de 2025 incluíu 74 560 establecementos. A información recóllese mediante visitas e contactos cos negocios, e publícase de maneira agregada. Non abrangue os negocios que funcionan exclusivamente desde o domicilio nin os establecementos sen unha localización física na cidade. Estas limitacións son importantes para interpretar o emprego remoto e o traballo por conta propia.[20]

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

En anos recentes, a cidade de Toronto tornouse un dos centros da industria cinematográfica do Canadá, xuntamente con Vancouver, e un dos maiores da América do Norte, por causa do baixo prezo na produción de filmes e programas de televisión no Canadá, en relación cos Estados Unidos. As rúas da cidade e os seus monumentos poden ser vistos nunha variedade de filmes, que imitan as rúas das principais cidades americanas tales como Chicago e Nova York. Toronto produce máis filmes e programas de televisión do que calquera outra cidade das Américas coa excepción dos Ánxeles e Nova York. Este peso da industria audiovisual valeulle á cidade a designación da UNESCO como Cidade das Artes dos Medios.[21]

Educación

[editar | editar a fonte]
Image
A biblioteca central de Toronto.
Image
O campus central da Universidade de Toronto.

O sistema público escolar de Toronto é administrado pola Toronto District School Board (TDSB). A TDSB atende a aproximadamente 235 000 alumnos en 579 escolas repartidas pola cidade, o que a converte no maior distrito escolar do Canadá e un dos maiores da América do Norte, e emprega a unhas 42 000 persoas.[22] O sistema católico de ensino administra outras 80 escolas que son responsábeis da educación de máis de 70 mil alumnos.

Bibliotecas

[editar | editar a fonte]

A Toronto Public Library presta servizos mediante unha rede de 100 bibliotecas: 81 de barrio, 17 de distrito e dúas de investigación e referencia. Os recursos en liña, as bibliotecas móbiles e os servizos a domicilio amplían o acceso ás súas coleccións.[23]

Ensino superior

[editar | editar a fonte]

Entre as universidades da cidade están a Universidade de Toronto, a Universidade York e a Toronto Metropolitan University. O campus central da Universidade de Toronto (U of T) atópase no centro da cidade e é a maior universidade canadense. A U of T tamén posúe dous campus menores, un en Scarborough e outro en Mississauga. En Toronto localízanse tamén a Universidade York, en North York, e a Toronto Metropolitan University, coñecida anteriormente como Universidade Ryerson. A institución adoptou o novo nome en abril de 2022.[24]

Toronto posúe tamén outras cinco facultades. A Ontario College of Art and Design é unha das facultades de arte máis recoñecidas da América do Norte. As outras catro facultades —Seneca College, Humber College, Centenial College e a George Brown College— posúen un total de 29 campus espallados ao longo da cidade.

Cultura e recreación

[editar | editar a fonte]

A cidade é o principal centro urbano e cultural do Canadá anglófono.[1]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

A cidade combina edificios históricos e rañaceos contemporáneos.

Moderna, Contemporánea
  • A Torre CN, inaugurada en 1976, foi a estrutura independente máis alta do mundo ata 2007.[25]
  • O novo predio da prefectura, deseñado polo arquitecto finlandés Viljo Revell e inaugurado en 1965, é unha distinta atracción arquitectónica, co seu estilo modernista, de aproximadamente 100 metros de altura.[26][27] Próxima á prefectura está o predio do Consello Municipal, que ten o formato dunha ostra. Os dous predios que compoñen a prefectura e o predio do Consello Municipal están localizados nunha praza de 5 hectáreas de tamaño, a Nathan Phillips Square.
  • Toronto posúe numerosos rañaceos, entre eles o First Canadian Place.
  • O novo predio da prefectura substiuíu a antiga prefectura de Toronto, un edificio construído nos moldes da arquitectura Romanesque Revival, que data de 1899, e posúe 104 metros de altura.[28]
  • A Casa Loma é unha gran mansión que debido ao seu tamaño dá a impresión de ser un castelo, inaugurada en 1914, con área total de 17 000 m².[29]
  • A Union Station, a principal estación ferroviaria da cidade. Foi construída entre 1913 e 1927, e oficialmente inaugurada en 6 de agosto de 1927.[30]
  • O Royal Ontario Museum, aberto ao público o 19 de marzo de 1914, é o maior museo do Canadá, cunha colección de 18 millóns de obras de arte, obxectos culturais e mostras de historia natural.[31] Exhibe ao público primariamente obras arqueolóxicas e paleontolóxicas. Posúe unha das máis prestixiosas coleccións de obxectos chineses antigos.
  • A Art Gallery of Ontario abriga unha colección de máis de 120 000 obras de arte, con pinturas e esculturas de artistas de renome internacional, tales como Henry Moore.[32]
  • O Ontario Science Center é un museo de ciencia e tecnoloxía. Está destinado especialmente para cativos.
  • Toronto é o terceiro maior centro do teatro anglófono do mundo, por detrás de Nova York e de Londres. Varios teatros de renome están localizados na cidade, e varias compañías teatrais do Canadá teñen a sede na cidade.
  • A National Ballet of Canada, fundada en 1951, é a compañía de ballet máis recoñecida do Canadá e está establecida en Toronto.[33] As súas presentacións teñen lugar no Four Seasons Centre for the Performing Arts.[34]
  • A Canadian Opera Company, a principal compañía de ópera do país, ten tamén a súa sede no Four Seasons Centre for the Performing Arts.[34]
  • A UNESCO recoñeceu Toronto como Cidade das Artes dos Medios dentro da súa Rede de Cidades Creativas, a primeira cidade canadense en recibir esta designación, polo peso da súa industria audiovisual e dixital.[21]
  • O plan cultural municipal Culture Connects (2025-2035), adoptado polo concello en novembro de 2024, guía o investimento da cidade nas artes e na cultura durante esta década.[35]
Image
Vista do Skydome.

Toronto posúe seis grandes e modernos centros comerciais. O máis coñecido deles é o Eaton Centre, localizado no centro da cidade, próximo á Nathan Phillips Square, e un dos principais puntos turísticos da cidade. Outros grandes centros comerciais son o Yorkdale Mall, o Scarborough Town Centre, a Sherway Gardens e a Fairview Mall, todos con duascentas loxas ou máis. Varios outros de menor porte están espallados pola cidade.

  • O parlamento de Ontario localízase no Queen's Park.
  • Aínda que non sexa especialmente coñecida polo seu verde, Toronto posúe varios parques e praias. As dúas maiores áreas verdes da cidade son as illas de Toronto (con 230 hectáreas de tamaño), a Leslie Street Spit, con aproximadamente 200 hectáreas de tamaño).
  • O litoral do Lago Ontario conxélase durante os días máis fríos de inverno, tornándose máis unha atracción turística.

Transportes

[editar | editar a fonte]

Transporte público

[editar | editar a fonte]

O fornecemento de transporte público é de responsabilidade do TTC (Toronto Transit Control), que controla as redes de autobuses, tranvías e metro que operan dentro da cidade. O sistema de transporte público de Toronto é un dos máis autosuficientes da América do Norte, xerando preto de 81% dos ingresos necesarios para o seu funcionamento. Mesmo así, este sistema recibiu fondos insuficientes do municipio nos últimos anos, o que causou unha caída na súa eficiencia.

A rede de superficie do TTC conta con 178 liñas accesíbeis de autobús e tranvía.[37] O sistema de metro da cidade, o primeiro do Canadá, inaugurado en 1954, conta na actualidade con 70 estacións distribuídas nas súas liñas.[38]

O sistema de transporte público de Toronto está totalmente integrado. En 2025, o TTC rexistrou unha media diaria de 1 294 512 pasaxeiros de pago, cifra que sube a 2 508 100 incluíndo os transbordos.[37][38]

Autovías

[editar | editar a fonte]
Image
Vista da Autovía Macdonald-Cartier e do trevo rodoviario formado xuntamente coa Leslie Street.

Aínda que a rede de autovías de Toronto non sexa tan extensa e eficiente como as localizadas en varias das grandes cidades norteamericanas, ou como a de Montreal, Toronto posúe algunhas autovías que serven Toronto e outras cidades veciñas. Existen no total nove, que xuntas totalizan aproximadamente 75 quilómetros de extensión.

A Autovía Don Valley conecta os barrios da rexión norte e da rexión leste da cidade co centro da cidade, en canto que a Gardiner conecta barrios do oeste da cidade co centro. A Don Valley termina na Macdonald-Cartier. Continúa indo ao norte como Autoestrada Provincial de Ontario 404, conectando os barrios no extremo norte e varias das cidades da Rexionalidade Municipal de York. A Gardiner termina na Autoestrada Provincial de Ontario 427, e continúa indo a oeste como a Queens Elizabeth Way, pasando por Mississauga, Oakville, Hamilton, Saint-Catherines, Niagara Falls e terminando en Buffalo, no estado de Nova York.

A Autovía Macdonald-Cartier, ou Autoestrada Provincial de Ontario 401, que conecta Windsor ata o extremo leste do Ontario (continuando despois no Quebec como a Autoestrada 20, ata Rimouski), pasa por Toronto. O treito desta autovía na cidade, entre Mississauga ata Oshawa, é o máis movido do mundo (e tamén un dos máis conxestionados).

A Autovía Provincial de Ontario 400 conecta Barrie coa cidade de Toronto, terminando na Macdonald-Cartier. A Autoestrada Provincial de Ontario 427 é a segunda máis concorrida da América do Norte, conectando a Gardiner e a Queensway coa Macdonald-Cartier, ata o extremo norte da Municipalidade Rexional de York e de Peel. Gran parte do seu traxecto serve como unha fronteira entre Toronto e a Municipalidade Rexional de Peel, e entre Peel e York. No camiño, a Autoestrada Provincial de Ontario 409, que comeza na Macdonald-Cartier, pasando pola 427 e terminando no Aeroporto Internacional de Toronto. A Macdonald-Cartier tamén pasa pola Autovía Allen.

A Autoestrada Provincial de Ontario 407 non opera dentro de Toronto, mais é unha autovía primaria na Rexión Metropolitana de Toronto. É de peaxe, que se cobra electronicamente e de forma automática cando un automóbil entra na autoestrada, a través de cámaras que rexistran a placa de licenza do vehículo.

Ferrocarrís

[editar | editar a fonte]
Image
A Union Station.

Toronto é servida por preto de 175 km de vía férrea. A cidade dispón dun número de estacións de trens para locomoción entre as cidades que compón a rexión metropolitana de Toronto, e dunha estación central, a Union Station, localizada no centro da cidade. Esta estación, a principal terminal ferroviaria do país, é ao mesmo tempo unha das estacións máis concorridas do metro de Toronto, e atende tamén a liñas de tranvía.[30]

Os trens da GO Transit, tendo como principal base de operacións a Union Station, ofrece viaxes interurbanas en horarios regulares entre o centro de Toronto e os seus barrios máis distantes, ben como outras cidades que fan parte da Rexión Metropolitana de Toronto.

Aeroportos

[editar | editar a fonte]

Toronto posúe dous aeroportos dentro da cidade propiamente dita, e un total de oito na súa rexión metropolitana.

O principal aeroporto da cidade é o Aeroporto Internacional Lester B. Pearson (YYZ), que non se localiza en Toronto mais si na cidade veciña de Mississauga. É o cuarto aeroporto internacional máis concorrido de todo o continente americano, e o de maior tráfego aéreo internacional en dirección aos Estados Unidos de América. En 2025 atendeu a 47,3 millóns de pasaxeiros, un 1,1 % máis que o ano anterior.[39]

Image
Vista do Aeroporto Rexional de Toronto.

A cidade posúe dous aeroportos dentro dos seus límites municipais. Un deles é o Aeroporto Rexional de Toronto (YTZ), localizado nas illas de Toronto, e serve primariamente aos voos da aviación xeral, aínda que a Air Canada Jazz, unha subsidiaria da Air Canada, opere un voo entre o aeroporto e Ottawa. O aeroporto das illas, hoxe coñecido como Billy Bishop Toronto City Airport, foi construído pola Comisión do Porto de Toronto e completado en 1939.[40] Está conectado ao continente a través dun transbordador e, desde 2015, dun túnel peonil subterráneo que une o aeroporto co centro da cidade.[41][40] O segundo aeroporto é a "Base Aérea Downsview" (C.F.B. Downsview), localizado en North York, que serve como unha base militar da Forza Aérea do Canadá, ben como unha base de probas para o fabricante de avións Bombardier.

O Aeroporto Internacional de Hamilton é un aeroporto que serve como alternativa ao Lester B. Pearson. Non está localizado propiamente na Rexión Metropolitana de Toronto, mais si en Hamilton, localizado a 85 quilómetros suroeste de Toronto, sendo unha base para liñas aéreas de baixo custo e voos charter.

Outros aeroportos na Rexión Metropolitana de Toronto, que serven apenas a voos da aviación civil, están localizados en Buttonville, Markhan, Oshawa, Brampton e Burlington.

Image
Vista da balsa que conecta Toronto coas illas de Toronto.

Voos con hidroplanos xa foron operados entre Toronto e a rexión das Cataratas do Niágara. Este servizo xa non existe máis.

Porto e transbordadores

[editar | editar a fonte]

O porto de Toronto, próximo ao centro da cidade, move preto de 2 millóns de toneladas de carga por ano, a través de navíos de pequeno e medio porte.[42] Para o recibimento de navíos de grande porte, Toronto fai uso do porto de Montreal (a través dunha conexión por ferrocarril).

O transporte entre Toronto e as illas faise a través de transbordadores. O servizo é fornecido polo Departamento de Parques e Recreación de Toronto.Os transbordadores diariamente percorren o treito entre a Bay Street e as illas, parando en tres delas.

Un servizo de transbordador, de pasaxeiros e de alta velocidade, entre Toronto e Rochester, Nova York, foi inaugurado en 17 de xuño de 2004. O navío foi apelidado de The Breece. Porén, este servizo foi suspenso despois de 11 semanas, cando a compañía que o operaba pasou a ter dificultades financeiras. O navío da compañía —anteriormente estebelecida en Toronto— foi comprado despois da quebra da compañía por unha subsidiaria do municipio de Rochester, e o navío volveu a operar na rota Toronto-Rochester o 30 de xuño de 2005, co apelativo The Cat.

Vivenda e persoas sen fogar

[editar | editar a fonte]

A avaliación municipal Street Needs Assessment de 2024 estimou que unhas 15 400 persoas estaban sen fogar en Toronto no outono dese ano, fronte a unhas 7 300 en abril de 2021. Trátase dun reconto e dunha enquisa nun momento concreto, utilizados para orientar a planificación dos servizos, e non dun censo permanente de toda a poboación afectada. O informe foi publicado en xullo de 2025.[43] O concello e os gobernos provincial e federal anunciaron ademais investimentos conxuntos para acelerar a construción de vivenda, crear emprego e facilitar novas promocións na cidade. En 2025, os tres niveis de goberno comprometeron 975 millóns de dólares para acelerar a seguinte fase da revitalización da fronte marítima, que inclúe novas vivendas na illa de Ookwemin Minising.[9][44]

Xestión dos residuos

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos residuos non recuperables de Toronto envíanse ao vertedoiro de Green Lane, situado en Southwold, preto de London, en Ontario. A cidade estuda opcións para a xestión futura destes residuos, incluída a posible ampliación do vertedoiro e outras alternativas. Esta información refírese aos residuos residuais e non á totalidade do material recollido para reciclaxe ou compostaxe.[45]

Rexión Metropolitana

[editar | editar a fonte]
Image
Vista de satélite de Toronto e a súa rexión metropolitana.

O termo Rexión Metropolitana de Toronto pode referirse a conceptos distintos. A Greater Toronto Area (GTA) é a área urbana continua formada pola cidade de Toronto e as catro municipalidades rexionais veciñas (Durham, Halton, Peel e York). A área metropolitana censual definida por Statistics Canada abrangue un territorio algo menor, que se estende de Oakville a Ajax.[46] No censo de 2021, esta área metropolitana censual tiña 6 202 225 habitantes.[47]

As seguintes cidades fan parte da Rexión Metropolitana de Toronto:

Municipalidade Rexional de Peel
Municipalidade Rexional de Halton
Municipalidade Rexional de York
Municipalidade Rexional de Durham
Norte: Vaughan, Markham, Richmond Hill
Oeste: Brampton, Mississauga Toronto Leste: Pickering, Ajax, Oshawa
Sur: Lago Ontario

Cognomes da cidade

[editar | editar a fonte]
  • T.O.
  • T-dot
  • The Big Smoke - debido á néboa e ao fume que por veces cobre a cidade; outras cidades na América do Norte tamén reciben este cognome.
  • Hogtown
  • Toronto the Good (Toronto o Bo) - Debido á moralidade vitoriana que imperaba na cidade durante o século XIX.
  • Hollywood North - Debido ao gran número de programas de televisión e filmes que son producidos na cidade.
  • The 416 - 416 é o código telefónico da cidade.
  • The Centre of the Universe ou The Centre of the Canadian Universe (O Centro do Universo [do Canadá]) - Nome usado, moitas veces con carácter desprezativo, por habitantes do oeste do Canadá.
  • Hockeytown - Debido á popularidade do hóckey sobre xeo na cidade, e ao Toronto Maple Leafs.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "Toronto". The Canadian Encyclopedia (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  2. 1 2 "2021 Census: Population and Dwelling Counts" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  3. 1 2 3 "2021 Census: Immigration, Ethnoracial Identity, Mobility, Migration and Religion" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  4. ↑ "Indigenous Peoples in Toronto: An Introduction for Newcomers" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  5. 1 2 "Toronto Purchase (Treaty 13)". The Canadian Encyclopedia (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  6. ↑ "Bill 103, City of Toronto Act, 1997". Asemblea Lexislativa de Ontario (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  7. ↑ "Ravine Strategy". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  8. ↑ "Toronto Ravine Strategy" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  9. 1 2 3 "Waterfront Toronto Integrated Annual Report 2024-2025" (PDF). Waterfront Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  10. ↑ "Largest Park in a Generation Opens on City of Toronto's New Island through Transformation of the Port Lands". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  11. ↑ "Toronto's New Island is Ready to Launch". Waterfront Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  12. ↑ "Toronto's Climate Risks: Understanding Vulnerability Today and Tomorrow" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  13. ↑ "Toronto's Climate Risks: Technical Report" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  14. ↑ "TransformTO Net Zero Strategy". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  15. ↑ "TransformTO Net Zero Strategy Action Plan 2026-2030". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  16. ↑ "Members of Council". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  17. 1 2 "About Mayor Olivia Chow". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  18. ↑ "2021 Census: Families, Households, Marital Status and Income" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  19. 1 2 "2021 Census: Age, Sex, Gender and Type of Dwelling" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  20. 1 2 3 4 "Toronto Employment Survey 2025" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  21. 1 2 "UNESCO City of Media Arts". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  22. ↑ "About Us: Quick Facts". Toronto District School Board (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  23. ↑ "Toronto Public Library". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  24. ↑ "Ryerson University changing its name to Toronto Metropolitan University". Toronto Metropolitan University (en inglés). 26 de abril de 2022. Consultado o 8 de outubro de 2026.
  25. ↑ "Awards and Records". CN Tower (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  26. ↑ "City Hall Virtual Tour & Points of Interest". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  27. ↑ "A Step Forward in Time: Official Opening". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  28. ↑ "Visiting Old City Hall". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  29. ↑ "The Casa Loma Connection" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  30. 1 2 "History of Union Station". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  31. ↑ "About ROM". Royal Ontario Museum (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  32. ↑ "About the AGO". Art Gallery of Ontario (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  33. ↑ "About The National Ballet of Canada". The National Ballet of Canada (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  34. 1 2 "Four Seasons Centre for the Performing Arts". Canadian Opera Company (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  35. ↑ "Culture Connects: An Action Plan for Culture in Toronto". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  36. ↑ "About". Scotiabank Arena (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  37. 1 2 "2025 Boardings". Toronto Transit Commission (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  38. 1 2 "2025 Operating Statistics". Toronto Transit Commission (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  39. ↑ "GTAA Reports 2025 Annual Results". Toronto Pearson International Airport (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  40. 1 2 "History of the Airport". Billy Bishop Toronto City Airport (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  41. ↑ "Pedestrian Tunnel to Billy Bishop Toronto City Airport Opens Today". Toronto Port Authority (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  42. ↑ "Toronto Port Authority Backgrounder". Toronto Port Authority (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  43. ↑ "City of Toronto releases findings of 2024 Street Needs Assessment homelessness survey". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  44. ↑ "Governments Invest to Rapidly Build Housing, Create Jobs and New Development in Toronto". Goberno de Ontario (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  45. ↑ "Residual Waste Management". City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  46. ↑ "Census Concepts: Toronto Profile" (PDF). City of Toronto (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.
  47. ↑ "Focus on Geography Series, 2021 Census: Toronto (Census metropolitan area)". Statistics Canada (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]