Aalborg
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado federado | Dinamarca | ||||
| Rexión | Xutlandia do Norte | ||||
| Concello | Aalborg (pt) | ||||
| Capital de | Xutlandia do Norte Aalborg Municipality (1838-1970) (en) Aalborg Municipality (en) Aalborg (pt) Aalborg County (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 121.878 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 139 km² | ||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Creación | 16 de xuño de 1342 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Lasse Frimand Jensen (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9000, 9200, 9210, 9220, 9008, 9020, 9100 e 9400 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 9 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | enjoynordjylland.dk… | ||||
Aalborg ou Ålborg é unha comuna e cidade de Dinamarca, capital da rexión de Nordjylland, na península de Xutlandia. Ten unha poboación de 162 381 habitantes (121 549 na cidade), sendo a cuarta máis poboada de Dinamarca.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada como un asentamento comercial viquingo (século V). A primeira mención do seu nome, Alabu, aparece nunha moeda datada no 1040. No ano 1342 recibe o título de cidade polo rei Valdemar. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial baseada no comercio de arenque, gran e carne. No 1516 recibiu o monopolio de salgar o arenque. Dende 1554 é sede dun bispado luterano. No século XVIII chega a revolución industrial á cidade, no 1865 constrúese a primeira ponte sobre o Limfjord, no 1889 chega o primeiro camiño de ferro á cidade.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Un castelo antigo e algunhas casas é todo o que queda do XVII. A catedral data de mediados do XVIII, a Igrexa da Nosa Señora é unha reconstrución de comezos do XX dunha igrexa do XIV parcialmente queimada en 1894. Son tamén salientables o hospital antigo e o museo local.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía da cidade baséase no estaleiro naval, a escola naval e o porto comercial. Son salientables tamén a industrial téxtil, química e tabaqueira. Arredor da Universidade está medrando nos últimos anos a industria de telecomunicacións.
Demografía
[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aalborg |
