Saltar ao contido

Bill Mensch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBill Mensch
Image
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Quakertown Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Arizona
Universidade de Temple Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, informático Editar o valor en Wikidata

William David Mensch Jr., máis coñecido como Bill Mensch, nado o 9 de febreiro de 1945, é un enxeñeiro eléctrico estadounidense nado en Quakertown, Pensilvania. Foi un dos principais contribuíntes ao deseño do microprocesador Motorola 6800 de 8 bits e formou parte do equipo dirixido por Chuck Peddle que creou o MOS Technology 6502. Tamén deseñou o sucesor de 16 bits do 6502, o 65816.[1]

Mensch é o fundador, presidente e director executivo (CEO) do Western Design Center (WDC), situado en Mesa, Arizona. Antes de fundar WDC en 1978, Mensch ocupou postos de enxeñaría de deseño e xestión en Philco-Ford, Motorola, MOS Technology e Integrated Circuit Engineering.[2] No WDC, Mensch traballou principalmente na ampliación e expansión da arquitectura 6502. Os seus deseños utilízanse amplamente en sistemas integrados e dispositivos electrónicos implantables de soporte vital.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mensch ten cinco fillos e reside coa súa muller, Dianne, en Superstition Mountain, Arizona.[2]

  1. Mensch, William (1995-10-09). Interview with William Mensch (Silicon Genesis oral history project) (en inglés). Entrevista con Rob Walker. Stanford University. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2020-03-10.
  2. 1 2 "WDC Founder" (en inglés). Mesa, Arizona: The Western Design Center, Inc. 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de maio de 2013. Consultado o 2020-03-10.
  3. "Bill Mensch interview for "The 8-Bit Guy" Youtube channel (22m55s)" (en inglés). 2024. Consultado o 2026-01-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.