Brad Delson
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de decembro de 1977 Agoura Hills |
| Outros nomes | Big Bad Brad |
| Educación | Escola Secundaria de Agoura Universidade de California, Os Ánxeles |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, produtor musical, músico, cantautor |
| Período de actividade | 1995 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Metal alternativo, nu metal, hard rock, rock alternativo e rock electrónico |
| Instrumento | Guitarra |
| Familia | |
| Cónxuxe | Elisa Delson |
| Sitio web | linkinpark.com |
Bradford Phillip Delson, nado en Agoura, un vilarello preto de Agoura Hills, no condado dos Ánxeles (California) o 1 de decembro de 1977, é o guitarrista líder da banda estadounidense de nu metal Linkin Park.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse no High School de Agoura (California) en 1996 e fundou Xero con Mike Shinoda, que posteriormente se convertería en Linkin Park. Graduouse na Universidade de California na especialidade de comunicación
Durante a universidade, Delson tivo que tratar cun membro da industria da música como parte da súa carreira. Antes de crear Xero, o primeiro instrumento de Delson foi a trompeta. A súa primeira banda chamábase Pricks e tamén tocou nunha banda chamada Relative Degree co seu compañeiro en Linkin Park Rob Bourdon.
