Saltar ao contido

AP-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AP-1
Autovía do Norte
Image
Image
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas do Estado
Rede de estradas de Álava
Rede de estradas de Guipúscoa
Ruta europeaImage Image
Lonxitude175 km
Localización
InicioCastañares, Burgos
FinÉibar (Guipúscoa)

A Autoestrada do Norte ou AP-1 é unha autoestrada española que ten o seu inicio en Castañares, nas proximidades de Burgos e termina como autoestrada única en Éibar (Guipúscoa), pasando por toda a comarca de Debagoiena. A partir de alí únese coa AP-8 e continúa, en dirección leste cara a Irún e fronteira con Francia e en dirección oeste cara a Bilbao e Cantabria.

Image
A AP-1 preto de Ameyugo

O proxecto orixinal, de 1974, abarcaba unha autoestrada que cubría o traxecto entre Burgos e Éibar (Guipúscoa) pero a empresa concesionaria só construíu o tramo de Burgos ata a localidade de Armiñón que cobre un itinerario de 84,3 km e contén tres túneles de 1.314m de lonxitude total, que sortean as maiores dificultades orográficas do traxecto. Este tramo entrou en servizo en 1984 e actualmente ten como horizonte final de concesión o ano 2018.[1]

Nos anos 90, as deputacións forais de Guipúscoa e Áraba acordaron realizar a construción da parte que non levou a cabo orixinalmente, e que discorre polo País Vasco. Entre Éibar e Vitoria, o traxecto alcanza os 46,2 km e entrou en servizo totalmente o 22 de maio de 2009.

Antes de 2003, e de acordo coa normativa da época, o tramo entre Burgos e Armiñón denominábase A-1.

Desde novembro de 2006, o tramo Ameyugo-Miranda de Ebro-Armiñón está exento de peaxe para tránsitos internos.

Image
Túnel de Barrio no porto de Pancorbo.
TramoAperturaLonxitude (km)
Burgos - Armiñón198483
Armiñón - Vitoria (A-1)Autovía libre de peaxe, desde principios dos anos 80-
Vitoria - Luko3 de xuño de 20086,2
Luko - Eskoriatza3 de abril de 200918,8
Eskoriatza - Arrasate22 de maio de 20096,4
Arrasate - Bergara-Surxullo de 20053
Bergara-Sur - Bergara-Nortexullo de 20045
Bergara-Norte - Éibar (Malzaga)-AP-8decembro de 20038
Éibar (Malzaga)-AP-8 - Irún (Comparte con AP-8)69

Tramo Burgos-Armiñón

[editar | editar a fonte]
ElementoSaída (sentido Francia)Número de saídaSaída (sentido Burgos)Estrada que enlaza
ImageBurgosImageBurgos Continúa por Erro: Título incorrecto na ligazón da liña 3.
Burgos esteImage 1Burgos este
ImagePeaxe de Burgos-Peaxe de Burgos
Villafría-RubenaImage 2Villafría/Rubena N-I 
ImageImageImageImageÁrea de Servizo de Quintanapalla-Área de Servizo de Quintanapalla
ImageImageImageImageÁrea de Servizo de Briviesca-Área de Servizo de Briviesca
BriviescaImage 3Briviesca N-I 
PancorboImage 4Pancorbo N-I   N-232 
ImageImageImageImageÁrea de Servizo de Desfiladero-Área de Servizo de Desfiladero
Miranda de Ebro-PuentelarráImage 5Miranda de Ebro-Puentelarrá
Bilbao-ZaragozaImage 6Bilbao-Zaragoza
ImageAP-68
ImageEstrada E-804
ImageÁlava - PAÍS VASCO-Provincia de Burgos - CASTELA E LEÓNImage
ImagePeaxe de Armiñón-Peaxe de Armiñón
ArmiñónImage 7Armiñón
ImageArmiñón continúa por
ImageA-1
ImageEstrada E-05
ImageArmiñón
ImageA-1
ImageEstrada E-05

Tramo Vitoria-Éibar

[editar | editar a fonte]
ElementoSaída (sentido Francia)Número de saídaSaída (sentido Burgos)Estrada que enlaza
ImageVitoriaImageVitoria N-622 
 N-624 
LukoLuko
EskoriatzaEskoriatza
ArrasateArrasate
Bergara-SurBergara-Sur / Zumarraga / Beasain
Bergara-Norte
ImageÉibar (Malzaga)Éibar (Malzaga)
ImageAP-8
ImageEstrada E-70
  1. "AP-1 Europistas". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]