Saltar ao contido

A Haia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Haia
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
 Composto por
 Nome orixinal
's-Gravenhage (nl) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
's-Gravenhage (nl) Editar o valor en Wikidata
 Lema
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of The Hague (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Jan van Zanen (pt) Traducir (2020 - )
Henri van Maasdijk (1945 - 1945)
Salomon Jean René de Monchy (1945 - 1946)
Willem Visser (pt) Traducir (1947 - 1949)
Harmen Westra (1942 - 1945)
Salomon Jean René de Monchy (1934 - 1940)
Cornelis Lodewijk van der Bilt (1940 - 1942)
Pauline Krikke (pt) Traducir (2017 - 2019)
Frans Schokking (pt) Traducir (1949 - 1957)
Victor Marijnen (1968 - 1975)
Jozias van Aartsen (2008 - 2017)
Hans Kolfschoten (1957 - 1968)
Wim Deetman (1996 - 2008)
Frans Schols (1975 - 1985)
Ad Havermans (1985 - 1996)
Johan Remkes (2019 - 2020) Editar o valor en Wikidata
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
século XIII Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Continente
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
548.320 (2021)
515.880 (2015)
524.882 (2017)
532.561 (2018)
537.833 (2019)
56.105 (1830)
63.556 (1840)
69.707 (1849)
78.405 (1859)
91.328 (1869)
113.460 (1879)
156.761 (1889)
206.022 (1899)
271.280 (1909)
354.987 (1920)
437.675 (1930)
605.876 (1960)
525.368 (1971)
456.726 (1980)
444.242 (1990)
442.356 (2000)
495.083 (2010)
523.703 (1947)
42.301 (1815)
509.939 (2014) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
253.420 (2015)
249.286 (2014)
250.149 (2013)
248.558 (2012)
245.212 (2011)
242.998 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
98,12 km²
98,13 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal2491–2599 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap192737 Editar o valor en Wikidata
VIAF151996116 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403728814 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07g0_ Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.wordlift.io… Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+31070 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: gemeenteDH Twitter: GemeenteDenHaag Instagram: gemeentedenhaag LinkedIn: gemeente-den-haag Youtube: UC5_HpKvZl7Oxr_UimTfC2Jg Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Haia[1][2] (neerlandés: Den Haag, ou oficialmente, 's-Gravenhage) é a capital administrativa dos Países Baixos; localízase na parte occidental do país, na provincia da Holanda Meridional, da cal é tamén a capital. Cunha poboación de 465 000 habitantes (700 000 na área metropolitana), é a terceira maior cidade dos Países Baixos, despois de Ámsterdan e Rotterdam.

Na Haia residen máis de 25 000 estranxeiros empregados en organizacións internacionais, multinacionais e entes xurídicos e diplomáticos de diversa natureza. A cidade é a sede do Tribunal Internacional de Xustiza e doutras organizacións internacionais.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A Haia está situada no oeste dos Países Baixos e forma parte da aglomeración urbana coñecida como Randstad formada por unha multitude de cidades veciñas entre as que se atopan Rotterdam, Leiden ou Delft. O centro da cidade dista preto de 6 km do mar do Norte.

Os barrios de Scheveningen e Kijkduin encóntranse directamente á beira do mar. Scheveningen é unha moderna estación balnearia cunha grande praia e unha animada vida nocturna. Nel encóntrase o cárcere do TPI (Tribunal Penal Internacional) onde, o 11 de marzo de 2006, morreu Slobodan Milošević.

Así pois os oito distritos da Haia son: o seu Centro, Escamp, Haagse Hout, Laak, Leidschenveen-Ypenburg, Loosduinen, Scheveningen e Segbroek.

Image
O "Ridderzaal"
Image
Sede do Tribunal Penal Internacional.

Na súa orixe, un lugar destinado á caza, os condes de Holanda utilizárono como centro administrativo. Des Graven Hage significa literalmente "coto do conde" ou "cercado privado do conde". O edificio máis antigo da cidade, o Ridderzaal, construíuse en 1236, e aínda se utiliza para actos políticos.

A Haia foi declarada cidade oficialmente polas forzas de ocupación francesas en 1806, séculos despois de que outras cidades neerlandesas recibiran o privilexios. Isto xerou a lenda ou ruxerruxe popular de que A Haia non é unha cidade, senón unha aldea.

Até ese século a cidade era pouco máis que unha pequena vila, contando con arredor de 55 000 habitantes, polo que debido ao seu status non tiña murallas que a defendesen ou un gran centro urbano como o que teñen as cidades próximas de Leiden e Delft. A Haia comezou a crecer rapidamente cando o goberno empezou a desempeñar un papel máis importante na sociedade neerlandesa.

Durante a durante a segunda guerra mundial, ao igual que moitas cidades de arredores, sufriu grandes danos. O 3 de marzo de 1945 a Royal Air Force bombardeou o barrio de Bezuidenhout, onde está situado unha das residencias da raíña Beatriz. O seu obxectivo eran os mísiles V2, que se atopaban nun parque próximo, porén, por mor de erros de navegación, as bombas caeron nunha zona densamente poboada da cidade, morrendo máis de 500 persoas. Aínda se poden contemplar as cicatrices na cidade.

Tras a Guerra, A Haia estendeuse cara ao suroeste. As áreas afectadas foron reconstruídas rapidamente e a poboación acadou os 550 000 habitantes en 1970. En marzo de 2006 o ex-mandatario serbio Slobodan Milošević, que se atopaba preso desde 2001, foi atopado morto no centro de detención do tribunal penal na Haia.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Image Evolución demográfica da Haia Image
17961830184918791899192519701990200320052008
41 30056 10063 600113 500206 000394 500550 000440 000463 800468 711482 742

O nome da cidade

[editar | editar a fonte]
Image
Praza no centro da Haia.

O nome Den Haag (orixinariamente "Die Haghe") é a versión oficial do nome da cidade máis antiga. Unha versión máis aristocrática é 's-Gravenhage ("o couto do duque"), que foi utilizada a partir de 1639 por analoxía con, por exemplo, 's-Hertogenbosch (coñecida coma Den Bosch). Porén, actualmente o concello adoita empregar Den Haag, en parte pola internacionalización da cidade (sede de numerosos organismos internacionais), chamada Den Haag en alemán, The Hague en inglés ou La Haye en francés.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O símbolo da Haia é a cegoña, símbolo que se pode atopar no escudo da cidade, no que a ave ten atrapada unha serpente co peteiro. En realidade aínda que se represente cunha lingua bífida o animal é unha anguía. Elixiuse precisamente a cegoña coma elemento representativo xa que representa a felicidade.

Economía

[editar | editar a fonte]
Image
O Hoftoren, o edificio máis alto da cidade.

Ao sur da cidade, cara ao río Rin, esténdese a Westland, unha rexión de 20 x 20 km de serras, onde son cultivadas verduras e flores. A Haia é rica en pequenas e medias empresas, no sector do comercio e da industria. Evidentemente tamén o sector dos servizos é moi activo, sendo a cidade sede do goberno e de moitas organizacións internacionais, polo que a vida está dominada polo gran número de funcionarios que traballan nela. Ademais varias compañías que teñen na Haia a súa sede central, como por exemplo:

  • Royal Dutch Shell, unha das compañías de hidrocarburos máis importantes do mundo, máis coñecida pola marca Shell.
  • KPN (Koninklijke PTT Nederland), a compañía nacional de teléfonos (con divisións de telefonía móbil e fixa).
  • AEGON, unha das maiores compañías neerlandesas de seguros.
  • TNT Post, antigamente TPG, provedor internacional de correo e loxística.
  • APM Terminals, o segundo operador de terminais de contedores do mundo.
  • Nationale Nederlanden, compañía de seguros parte do Grupo ING (sede compartida con Rotterdam)
  • Siemens, a compañía de enxeñería máis grande de Europa, na súa sede dos Países Baixos.

En canto á industria, nunca houbo actividades a grande escala. Coa posíbel excepción do porto pesqueiro de Scheveningen. Moitos dos servizos de pequena industria e loxística están localizado no distrito de Binckhorst, onde se poden atopar moitos almacéns de gran tamaño.

Museos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Image
Fachada do Museo Escher.
Image
O Panorama Mesdag, parte da colección do museo municipal

Os principais museos e edificios culturais da cidade son:

  • O Madurodam, unha cidade en miniatura que mostra as principais paisaxes e puntos de interese dos Países Baixos.
  • O Mauritshuis, un museo que exhibe pinturas de mestres neerlandeses como Johannes Vermeer, Rembrandt van Rijn ou Paulus Potter.
  • O Museo Escher, adicado ao artista Maurits Cornelis Escher. Atópase no antigo Palacio Real, en Lange Voorhout.
  • O Gemeentemuseum ou Museo municipal. Acolle unha gran colección de pinturas do artista neerlandés Piet Mondrian e outras mostras de arte moderna.
  • O Museon, un museo de ciencias interactivo.
  • O Panorama Mesdag. Unha pintura cilíndrica de Hendrik Willem Mesdag, de máis de 14 metros de alto e 120 metros de circunferencia. Mostra unha vista do mar, as dunas e a vila de Scheveningen, sendo o panorama máis antigo do mundo, conservado dende o século XIX na súa localización orixinal. A sensación de realidade que provoca a imaxe de 360 graos de Scheveningen en 1881 é impresionante.
  • O museo Beelden aan Zee en Scheveningen, posúe unha gran colección de esculturas, principalmente de artistas do século XX.
  • O Omniversum, o primeiro cinema IMAX-360 de Europa.

Ademais outras atraccións turísticas da Haia son:

Image
O Binnenhof de noite.
Image
O Binnenhof.
  • O histórico Binnenhof e Ridderzaal medieval, edificio máis antigo da cidade, que agora alberga as Cámaras do Parlamento e as oficinas gobernamentais. Pode obterse unha boa vista dende o Lange Vijverberg, ao outro lado do lago adxacente ao edificio, o "Hofvijver".
  • A Lange Voorhout, unha ampla avenida que contén numerosas e espléndidas casas (actualmente fogar de varias embaixadas), así como a máis antiga e angosta casa da Haia e o famoso "Hotel des Indes", o hotel máis luxoso da cidade.
  • O Passage, o máis antigo centro comercial cuberto dos Países Baixos, do século XIX, que conten moitas tendas de altos prezos e tendas especializadas.
  • O Paleis Noordeinde, o Palacio oficial de traballo da Raíña Beatriz dende 1984. O Palacio está pechado ao público, mais os seus xardíns (Paleistuin) son accesíbeis ao público.
  • O Parque Clingendael, unha vella leira cun xardín xaponés. PReto pode atoparse a sede do Instituto Clingendael de Relacións Internacionais.
  • O Paleis Huis ten Bosch, o Palacio Residencial da Raíña Beatriz. Atópase un pouco fora da cidade, na fraga "Haagse Bosch".

Os principais eventos anuais da cidade son: o festival multicultural HaSchiBa, en agosto, e os festivais de fogos de artificio durante todo o verán.

Organismos nacionais e internacionais

[editar | editar a fonte]
Image
Palacio da Paz, sede do Tribunal Internacional de Xustiza.
Image
Hofvijver e os edificios do parlamento neerlandés.

A Haia alberga o Senado e a Cámara de Representantes, que conforman o Parlamento Neerlandés, ao igual que tódalas embaixadas estranxeiras e ministerios, así como a Corte Suprema e diversas organizacións e grupos de presión. A Raíña Beatriz tamén vive e traballa na cidade.

No plano internacional é sede da Europol (European Police Office), unha das poucas institucións da Unión Europea (UE) que non ten a súa sede central en Bruxelas. Ademais, como unha das sedes da Organización das Nacións Unidas (ONU), A Haia acolle a varias das súas institucións:

Ademais tamén acolle:

  1. Varios. Universidade de Vigo, ed. "Lingua galega. Dúbidas lingüísticas." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2013.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]