Saltar ao contido

Devon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Devon
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Devon (en) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
Auxilio Divino Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.209.773 (2020)
1.135.700
1.194.166 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   6.706,9855 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap57538 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/028n3 Editar o valor en Wikidata
NUTSUKK43 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualla ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

Devon foi unha das primeiras áreas de Inglaterra que estivo habitada, ao final da Idade do xeo. Crese que Dartmoor estivo habitado durante o mesolítico por tribos de cazadores. O nome "Devon" deriva do nome que deron os romanos ao pobo celta que vivía ao sur da península de Britania durante a invasión romana. Chamáronlles Dumnonii que se cre significa habitantes do val profundo.

Os romanos mantiveron a zona baixo ocupación militar durante aproximadamente 25 anos. Máis tarde, a zona serviu e fronteira entre Brythonic Dumnonia e o Wessex saxón.

Durante o século IX, o control saxón da zona veu dos viquingos e dalgunhas incursións esporádicas até a conquista normanda. Algúns nomes de orixe nórdica quedaron como mostra da presenza de viquinga no condado.

Devon participou tamén na maioría dos conflitos ingleses desde a conquista normanda, incluíndo a guerra das rosas. O feito quizais máis destacable é a chegada de Guillerme de Orange a Torquay para iniciar a Revolución gloriosa en 1688.

Devon foi produtor de cobre e doutros metais na antigüidade. O condado é tamén coñecido polos seus mariñeiros como sir Francis Drake ou sir Walter Raleigh.

O condado ten a súa propia bandeira (non oficial) dedicada a San Petroc, un santo local que ten numerosos fieis tanto en Devon como nos condados veciños. A bandeira adoptouse no ano 2003 despois dun concurso organizado pola cadea BBC.

Política e administración

[editar | editar a fonte]
Image
Catedral de Exeter

O centro administrativo de Devon é a cidade Exeter pero a cidade máis poboada é Plymouth, e a conurbación de Torbay (que inclúe Torquay, Paignton e Brixham) é unha autoridade unitaria desde 1998, separada do resto de Devonque queda baixo a administración do Consello do Condado de Devon.

O Consello do Condado de Devon está controlado polos conservadores. O órgano ten 62 respresentantes, dos que 38 son conservadores, 9 liberal demócratas, sete laboristas, catro UKIP, tres independentes e un verde.[1]

Hundreds

Historicamente Devon divídese en 32 hundreds:[2] Axminster, Bampton, Black Torrington, Braunton, Cliston, Coleridge, Colyton, Crediton, East Budleigh, Ermington, Exminster, Fremington, Halberton, Hartland, Hayridge, Haytor, Hemyock, Lifton, North Tawton and Winkleigh, Ottery, Plympton, Roborough, Shebbear, Shirwell, South Molton, Stanborough, Tavistock, Teignbridge, Tiverton, West Budleigh, Witheridge e Wonford.

Cidades destacadas

[editar | editar a fonte]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  1. "Tories take over county council". The BBC. 5 June 2009. Consultado o 6 June 2009.
  2. GENUKI http://genuki.cs.ncl.ac.uk/DEV/Hundreds.html Arquivado 27 de abril de 2016 en Wayback Machine.