Saltar ao contido

Freak Scene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Freak Scene
Dinosaur Jr. Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
The Wagon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   215 s Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/076vgb_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 5451 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Freak Scene" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., editado como sinxelo do seu terceiro álbum, Bug, en setembro de 1988. Foi composta e producida polo líder do grupo J Mascis, e gravárona nos Fort Apache Studios Paul Q. Kolderie e Sean Slade. A banda realizou un vídeo musical do tema para promover o sinxelo.

"Freak Scene" está considerada unha das mellores cancións de Dinosaur Jr. Na súa recensión de Bug, Stephen Thomas Erlewine de Allmusic dixo que a canción era "a peza mestra do disco, ...unha sorprendente canción pegadiza que encapsula o atractivo e as dificultades do indie rock en tres minutos". Jess Harvell de Pitchfork Media cre que "Freak Scene é probablemente a mellor interpretación de guitarra do indie rock e a mellor canción pop da banda". O sinxelo acadou o número 7 na lista Indie Chart británica, onde pasou 12 semanas.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Os dous temas foron compostos por J Mascis.

7" SST 220
  1. "Freak Scene" – 3:35
  2. "Keep the Glove" – 2:52