Saltar ao contido

Fukuoka

Fukuoka
 Nome orixinal
   福岡市 (ja)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
福岡市 (ja)  
Fukuoka City Government (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Himno
Fukuoka-shika (en) Traducir (1931 - ) Editar o valor en Wikidata
 Alimentos asociados
 Lista do elemento
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of Fukuoka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sōichirō Takashima (en) Traducir (2010 - )
Hiroshi Yoshida (2006 - 2010) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Kego (en) Traducir (1889 - 1912)
Osa (en) Traducir (1889 - 1954)
Tatara (en) Traducir (1950 - 1955)
Taguma (en) Traducir (1889 - 1954)
Imajuku (en) Traducir (1889 - 1941)
Imazu (en) Traducir (1889 - 1942)
Nokonoshima (en) Traducir (1889 - 1941)
Kashii (en) Traducir (1943 - 1955)
Wajiro (en) Traducir (1954 - 1960)
Kitazaki (en) Traducir (1896 - 1961)
Naka (en) Traducir (1896 - 1955)
Susenji (en) Traducir (1889 - 1961)
Kanatake (en) Traducir (1889 - 1960)
Motooka (en) Traducir (1889 - 1961)
Shika (en) Traducir (1953 - 1971)
Iki (en) Traducir (1889 - 1941)
Miyake (en) Traducir (1889 - 1933)
Sumiyoshi (en) Traducir (1911 - 1922)
Yahata (en) Traducir (1889 - 1926)
Nishijin (en) Traducir (1889 - 1922)
Toyohira (en) Traducir (1889 - 1915)
Torikai (en) Traducir (1889 - 1919)
Hakozaki (en) Traducir (1889 - 1940)
Katakasu (en) Traducir (1913 - 1928)
Hara (en) Traducir (1889 - 1929)
Meinohama (en) Traducir (1893 - 1933)
Chiyo (en) Traducir (1912 - 1928)
Mushiroda (en) Traducir (1889 - 1933)
Hiigawa (en) Traducir (1889 - 1929)
Sawara (en) Traducir (1956 - 1975) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 Contén núcleo de poboación
Hakata (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.603.043 (2020)
1.538.681 (2015)
1.463.743 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   340.030.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   8 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+09:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal810-8620 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap4008611 Editar o valor en Wikidata
VIAF150702289 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406154166 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gqkd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: fukuokacitypr Twitter: Fukuokacity_pr Instagram: fukuoka_official Youtube: UCYv8ulRwRtKMNLh7ilSMf-w Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Fukuoka (福岡市, ふくおかし, Fukuoka-shi) é unha cidade da prefectura de Fukuoka, no sur do Xapón, a máis importante da illa de Kyūshū, capital da prefectura do seu nome. Sitúase ó oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikuzen, na beira da baía de Hakata fronte ao Estreito de Tsushima, situación estratéxica que fai o seu porto fundamental no tráfico con Corea do Sur e a China. Ten 341,11 km² de superficie, unha poboación de 1 446 644 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.240 h/km².

O concello de Fukuoka limita cos concellos de Itoshima, Nakagawa, Kasuga, Ōnojō, Umi, Shime, Kasuya, Hisayama, Shingū (estes son da prefectura de Fukuoka); Saga, Kanzaki e Yoshinogari (estes últimos son da prefectura de Saga).

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Os intercambios entre o continente e norte da illa de Kyūshū datan do Paleolítico.[1] Crese que ondas de inmigrantes chegaron ao norte de Kyūshū dende a Asia continental.[2] Desta época consérvanse diversos Kofun.

Por iso considérase a Fukuoka coma a cidade máis antiga do Xapón. O certo é que na área aparecen os primeiros asentamentos dunha nova cultura, a Yayoi, que no primeiro milenio antes da nosa era pódese considerar a nai de Yamato, que será o inicio da dinastía imperial nipoa. O sitio arqueolóxico de Yoshinogari (a 20 quilómetros ao sur) pode ter sido unha protocapital. E na mesma cidade de Fukuoka, o de Itazuke (a carón do aeroporto), datado ao redor do ano 400 a.C., dá conta do elemento primordial que supuxo a revolución: a introdución no Xapón do cultivo do arroz. Tratábase dunha aldea protexida por un amplo foxo fóra do cal estendíanse os campos do cereal[3].

O progreso que reportou o novo cultivo consolidou no lugar nos séculos seguintes un estado vasalo da dinastía Han (do ano 57 d.C. achouse un valioso selo imperial de ouro), chamado Nakoku, que para a terceira centuria, segundo textos dos Tres Reinos, contaba con 20.000 fogares (hai varios asentamentos espallados por toda a área metropolitana [4][5]).

En 663, xa no período imperial xaponés (Yamato), a capitalidade da illa de Kyushu (e de todo o suroeste do Xapón) foi trasladada por seguridade uns quilómetros ao interior, a Dazaifu.[6] O seu porto vai ser Hakata, primeira denominación de Fukuoka e barrio actual na beira oriental da desembocadura do río Naka.

Alí constrúese o Korokan, institución diplomática e mercantil para os intercambios co continente [7]. Hakata vai ser no período Heian (s. VIII-XII) o porto máis importante do arquipélago converténdose nun centro cosmopolita cunha gran colonia chinesa e grandes importacións de cerámica Tang e Song. Moitos templos de diferentes confesións foron erixidos arredor da baía (xintoístas, budistas, zen).

Image
Muro defensivo en Hakata contra os mongois

Na metade do século XII liberalízase o comercio. O máis poderoso samurai do tempo, Kiyomori Taira, constrúe en 1161 unha illa artificial (Okinohama) coma peirao para o tráfico portuario no que ata entón era só un excelente fondeadeiro natural. É o comezo do moderno porto de Hakata (Sodeno Minato). Á illa únense aos templos-monasterio mediante pontes[8][9].

O comercio co continente florece aínda máis e a afluencia de novos continxentes de estranxeiros increméntase dando lugar a barrios (xeralmente de chineses) coñecidos coma daitougai. Non se reducirá, mesmo ao contrario crecerá despois de que en 1274 a nova dinastía mongol que goberna China, os Yuan de Kublai Khan tentan invadir o Xapón. O punto de entrada será a baía de Hakata. Os xaponeses constrúen unha liña de fortificacións ao longo da baía (1276)[10]. Pero será un vento divino (kamikaze) o que destrúe a frota inimiga o que salvará ao país (1281).

En 1587, tralas guerras civís que provocaron o incendio e devastación de Hakata, Toyotomi Hideyoshi, o unificador do país, reconstrúe a cidade cun plan urbano coñecido coma Taiko Machi-wari ou división en doce bloques (nagare)[11]. Ademais a declara cidade autónoma libre de impostos, gobernada polos cidadáns e prohibida aos samurais.

O daimyo herdeiro do distrito, Kuroda Nagamasa, establece en 1601-7 na outra beira do Naka un novo asentamento arredor dun castelo[12] (no mesmo lugar do antigo Korokan, e cun foxo inundado polas augas do río), Fukuoka (polo seu lugar de orixe). Nace así a cidade dual: portuaria e comercial ao leste; señorial dos samurai a oeste[13]. A illa que existía na metade do río desenvólvese, pola súa ambigua posición de fronteira, no hoxe chamado distrito vermello (Nakasu)[14].

Esa estrutura vaise manter ata o fin do período Edo[15]. Coa nova era Meiji (1868), unha reorganización administrativa comporta a unión de ámbalas dúas cidades nunha soa municipalidade (1899, con polémica na elección de Fukuoka coma nome definitivo). O castelo feudal desmantélase en 1871. Tamén é o tempo da chegada do ferrocarril (Estación de Hakata).

O crecemento da cidade no século XX vén da man do de seu porto mediante recheos na baía.[16] A urbe esténdese primeiro ao longo da súa beira, cara ao leste e oeste[17]; e despois cara ao interior seguindo o val do río Naka.[18]

Bombardeada na segunda guerra mundial, a cidade recuperou o pulo á vez do país, tentando dende o sur acadar a importancia que tivo, e competir coas grandes metrópoles xaponesas[19].

División administrativa

[editar | editar a fonte]

O concello de Fukuoka divídese en 7 barrios (ku 区):

  • Chuuou-ku (中央区, ちゅうおうく) - O concello está neste barrio e tamén hai moitos centro comerciais no distrito de Tenjin, como centro de cidade.
  • Hakata-ku (博多区, はかたく) - Neste barrio tamén están moitos centro comerciais e tendas. A estación de Hakata está neste barrio.
  • Higaxi-ku (東区, ひがしく)
  • Jounan-ku (城南区, じょうなんく)
  • Minami-ku (南区, みなみく)
  • Nixi-ku (西区, にしく)
  • Sawara-ku (早良区, さわらく)
Fukuoka divídese en 7 barrios: Barrio Poboación Superficie Densidade
Image en 2004 km² por km²
Image Higashi-ku 275 652 66.68 4 134
Image Hakata-ku 190 178 31.47 6 043
Image Chūō-ku 163 975 15.16 10 816
Image Minami-ku 247 913 30.98 8 002
Image Jonan-ku 127 952 16.02 7 987
Image Sawara-ku 207 851 95.88 2 168
Image Nishi-ku 177 625 83.81 2 119

Transporte

[editar | editar a fonte]

Universidades

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. "Researchers uncover deeper Japan-Korea history on weapons, letters". AJW by The Asahi Shimbun. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013.
  2. "Austronesia". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 05 de novembro de 2021.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021. Consultado o 05 de novembro de 2021.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021. Consultado o 05 de novembro de 2021.
  5. Takehiko Furuta (1993). 失われた九州王朝 [A lost Kyushu dynasty]. Asahi Publishing.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2008.
  7. [Ligazón morta]
  8. [Ligazón morta]
  9. [Ligazón morta]
  10. [Ligazón morta]
  11. [Ligazón morta]
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2008.
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2008. Consultado o 28 de outubro de 2008.
  14. [Ligazón morta]
  15. [Ligazón morta]
  16. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.