Saltar ao contido

Glutamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L-Glutamina
Image
Fórmula esquelética do isómero L
Image
Modelo do zwitterión do isomero L
Identificadores
Abreviaturas Gln, Q
Número CAS 56-85-9
PubChem 738
ChemSpider 718
UNII 0RH81L854J
Número CE 200-292-1
KEGG C00303
ChEBI CHEBI:28300
ChEMBL CHEMBL930
Ligando IUPHAR 723
Código ATC A16AA03
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades[1]
Fórmula molecular C5H10N2O3
Masa molar 146,14 g mol−1
Punto de fusión descomponse arredor de 185 °C
Solubilidade en auga soluble
Rotación quiral [α]D +6,5º (H2O, c = 2)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Image
Fórmula da glutamina ionizada.
Image
Formas zwitteriónicas da glutamina a pH neutro. L-glutamina (esquerda) e D-glutamina (dereita).

A glutamina (abreviadamente Gln ou Q) é un α-aminoácido que forma parte das proteínas (aminoácido proteinoxénico). A súa cadea lateral -CH2-CH2-CO-NH2 é unha amida formada ao substituír o grupo hidroxilo da cadea lateral do ácido glutámico por un grupo amino. Por tanto, pode considerarse como a amida do ácido glutámico cun grupo carboxiamida. O grupo amino é polar, polo que se considera un aminoácido polar neutro a pH celular. Nas proteínas aparece o isómero L.

Non se considera un aminoácido esencial, pero pode chegar a ser condicionalmente esencial en certas situacións, como adestramento atlético intenso ou trastornos gastrointestinais. Está codificado polos codóns do código xenético CAA e CAG. No sangue humano a glutamina é o aminoácido máis abundante, cunha concentración de arredor 500-900 µmol/L.[2]

Na súa degradación oxidativa a glutamina orixina alfa-cetoglutarato, que pode entrar na gliconeoxénese, polo que é un aminoácido glicoxénico.

Funcións

[editar | editar a fonte]

A glutamina desempeña importantes funcións bioquímicas, como as seguintes:

  • Síntese proteica, xa que é un compoñente das proteínas.
  • Regulación do balance ácido-básico nos riles ao producir amonio.[3]
  • Fonte de enerxía celular en certos casos.[4]
  • Doazón de nitróxeno para moitos procesos do anabolismo.[2]
  • Doazón de carbono, como fonte que "enche" o ciclo do ácido cítrico.[5]
  • Transportador non tóxico de amonio pola corrente sanguínea.

Órganos consumidores e produtores

[editar | editar a fonte]

A glutamina sintetízase polo encima glutamina sintetase a partir de glutamato e amoníaco. O tecido máis importante na produción de glutamina é o muscular, que orixina arredor do 90% de toda a glutamina sintetizada. Tamén liberan pequenas cantidades de glutamina os pulmóns e o cerebro.[6] O fígado ten a capacidade de facer unha síntese significativa de glutamina, pero o seu papel no metabolismo da glutamina é máis ben regulador, xa que o fígado recibe grandes cantidades de glutamina procedente do intestino.[2]

Os consumidores máis ávidos de glutamina no organismo son as células intestinais,[2] os riles para establecer o equilibrio ácido-básico, as células inmunes activadas[7] e moitas células cancerixenas.[5] Aproveitando isto último, téñense probado diversos fármacos análogos da glutamina como tratamentos anticancerosos, como a 6-Diazo-5-oxo-L-norleucina (DON), azaserina ou acivicina.

Exemplos do uso da glutamina

[editar | editar a fonte]

En estados catabólicos de traumatismos ou enfermidades, a glutamina pode chegar a ser un aminoácido esencial e requírese a súa inxesta como suplemento nutricional. A glutamina foi moi estudada durante os últimos 10–15 anos e mostrou ser útil no tratamento de doenzas graves, mancaduras, traumas, queimaduras, e como paliativo dos efectos secundarios do tratamento do cáncer, e como axuda para a curación de feridas cirúrxicas en pacientes postoperatorios [8] e para unha máis rápida recuperación.[9] A glutamina comercialízase como suplemento alimentario para o crecemento muscular. As probas indican que a glutamina cando se administra oralmente pode incrementar os niveis plasmáticos da hormona do crecemento ao estimular a glándula pituitaria anterior.[10] Na investigación biolóxica a L-glutamina engádese habitualmente [11] aos medios de cultivos celulares.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Presenza no organismo

[editar | editar a fonte]

A glutamina é o aminoácido non esencial máis abundante no corpo humano e un dos poucos aminoácidos que poden cruzar a barreira hemato-encefálica.[12] No corpo atopámola circulando polo sangue ou almacenada nas proteínas do músculo esquelético. Só é necesaria a suplementación en casos de enfermidade ou traumas.

Fontes alimenticias

[editar | editar a fonte]

As principais fontes dietarias de L-glutamine son: carne de vaca, polo, peixe, ovos, leite e produtos lácteos, trigo, repolo, remolacha, feixóns, espinacas, e perexil. Tamén se atopan pequenas cantidades de L-glutamina libre en zumes de verduras e alimentos como o tofu.[13]

  1. Weast, Robert C., ed. (1981). CRC Handbook of Chemistry and Physics (62nd ed.). Boca Raton, FL: CRC Press. p. C-311. ISBN 0-8493-0462-8.
  2. 1 2 3 4 Brosnan John T. (2003). "Interorgan amino acid transport and its regulation". J. Nutr. 133 (6): 2068S–72S. PMID 12771367..
  3. Arthur C. Guyton, John E. Hall (2005). Saunders, ed. Textbook of Medical Physiology (11th ed.). p. 393. ISBN 0721602401..
  4. Aledo J. Carlos (2004). "Glutamine breakdown in rapidly dividing cells: waste or investment?". BioEssays 26 (7): 778–85. PMID 15221859. doi:10.1002/bies.20063..
  5. 1 2 Mariia Yuneva, Nicola Zamboni, Peter Oefner, Ravi Sachidanandam, Yuri Lazebnik (2007). "Defiency in glutamine but not glucose induces MYC-dependent apoptosis in human cells". J. Cell Biol. 178 (1): 93–105. PMC 2064426. PMID 17606868. doi:10.1083/jcb.200703099..
  6. P. Newsholme, M. M. R. Lima , J. Procopio, T. C. Pithon-Curi, S. Q. Doi, R. B. Bazotte, R. Curi (2003). "Glutamine and glutamate as vital metabolites". Braz. J. Med. Biol. Res. 36 (2): 153–63. PMID 12563517. doi:10.1590/S0100-879X2003000200002..
  7. Newsholme Philip (2001). "Why Is L-Glutamine Metabolism Important to Cells of the Immune System in Health, Postinjury, Surgery or Infection?". J. Nutr. 131 (9): 2515S–22S. PMID 11533304..
  8. Morlion Bart J., Stehle Peter, Wachtler Paul, Siedhoff Hans-P., Köller Manfred, König Wolfgang, Fürst Peter, Puchstein Christoph (1998). "Total parenteral nutrition with glutamine dipeptide after major abdominal surgery: a randomized, double-blind, controlled study". Ann. Surg. 227 (2): 302–8. PMC 1191250. PMID 9488531. doi:10.1097/00000658-199802000-00022. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2011..
  9. University of Maryland Medical Center (ed.). "Glutamine". Consultado o 2009-09-06..
  10. TC Welbourne (1995). American Journal of Clinical Nutrition, ed. "Increased plasma bicarbonate and growth hormone after an oral glutamine load". The American journal of clinical nutrition 61 (5): 1058–61. PMID 7733028.
  11. "L-glutamine". exactantigen.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2009. Consultado o 2009-11-27.
  12. Wha-Joon Lee, Richard A. Hawkins, Juan R. Viña, Darryl R. Peterson (1998). "Glutamine transport by the blood-brain barrier: a possible mechanism for nitrogen removal". Am. J. Physiol. Cell Physiol. 274 (4): C1101–7. PMID 9580550. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de xullo de 2011..
  13. "Glutamine - Vitamins Supplements Guide". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 2007-11-01..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]