A cidade de Juneau é a capital do estado de Alasca, nos Estados Unidos. No ano 2005, a cidade contaba con 30.987 habitantes, polo que se sitúa como a Terceira cidade do estado en termos de poboación, precedida por Fairbanks e por Anchorage. A cidade atópase localizada na Canle Gastineau, no Arquipélago Alexander.
Juneau é unha das dúas capitais de estado estadounidense as que non se pode chegar por estrada, a outra é Honolulú, o único medio para chegar a ela é por avión ou por barco.
Atópase a nivel do mar, aínda que ten moitas montañas próximas.
Localízase a unha latitude de 58º 18' 06" cara o Norte a unha lonxitude 134º 25' 10" ao Oeste, a carón do territorio do Canadá (á súa beira oeste), canda outras moitas illas.
Juneau, apesares de estar no sueste do Alasca, ten unha temperatura moi baixa, cunha temperatura anual inferior a 5°C. No verán a temperatura é duns 20°C, usualmente anubrado e con precipitacións, principalmente en agosto e setembro. No inverno a temperatura é menor de 0°C, chovendo máis do que chovía no verán.
A temperatura máxima rexistrada na historia de Juneau foi 32°C, no xullo de 1975, e a mínima foi en xaneiro do 1972, con -30°C.
Despois de que o ouro fose descuberto, un grupo de buscadores instalouse na localidade, sendo a cidade propiamente fundada en 1881, bautizada en honra ao mineiro Joseph Juneau. Logo da época dos buscadores de ouro, grandes minas subterráneas foron cavadas a principios do século XX, as cales seguirían sendo explotadas ata comezos da segunda guerra mundial.