Saltar ao contido

Muras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muras
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Nome oficial
Muras (gl) Editar o valor en Wikidata
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
577 (2025)
723 (2013)
754 (2012)
784 (2011)
787 (2010)
830 (2009)
860 (2008)
891 (2007)
926 (2006)
941 (2005)
978 (2004)
1.067 (2002)
1.112 (2001)
696 (2014)
684 (2015)
668 (2016)
648 (2017)
636 (2018)
642 (2019)
619 (2020)
611 (2021)
606 (2022)
600 (2023)
600 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   326 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   316 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   164 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal27033 Editar o valor en Wikidata
Código INE27033 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344817 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733893 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cjtc1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: concellomuras Instagram: concellomuras Youtube: UCzs6KNBbw6jNIfTqS_pWx7w Enciclopedia Galega Universal: 154714Vimeo: concellodemuras BNE: XX456817 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos como Ferrol, A Coruña ou Lugo.

Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.

O municipio constituíuse como tal en 1835, e estivo integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado no de Vilalba.

En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non forma parte no conxunto.

A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.

En 1983 atopouse en Muras un achado de moedas de prata de Pedro I de Castela (1350-1369), que foron depositadas no Museo Provincial de Lugo e no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, da Coruña.[1][2]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 636 (2018)
Menores de 15 anos 32 (5.03 %)
Entre 15 e 64 anos 332 (52.20 %)
Maiores de 65 anos 272 (42.77 %)
Image
Evolución da poboación de Muras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.272 3.085 3.129 2.228 978 830 784 754 723 696 684 668
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, nos que destacan as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.

Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.

Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.

Lugares de Muras

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Muras

Ambosores (Santa María) | A Balsa (Santa María) | O Burgo (Santa María) | Irixoa (San Xillao) | Muras (San Pedro) | Silán (Santo Estevo) | O Sisto (Santa María) | O Viveiró (Santa María)

  1. "Tesouriño de Muras (Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Páxina 53. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
  2. "B.5. Muras". Balseiro García, A. et al. (2021). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxina 773. ISBN 978-84-89157-85-9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.