Sincelejo está situada ao noroeste do país, na Rexión Caribe colombiana, concretamente na subrrexión das Sabanas, no departamento de Sucre. Coñécese tamén polos nomes de San Francisco de Asís de Sincelejo, La Capital de la Sabana, La Ciudad del Dulce Nombre, La Flor de las Sabanas e La Reina y señora de la Sabana.[1]
A cidade, situada a unha altitude de 213 msnm, ten unha poboación estimada (2018) de 234886 habitantes,[2][3] o que dá unha densidade de 1 042,6 hab/km².
A cidade de Sincelejo foi fundada, substituíndo un casarío indíxena, o 4 de outubro de 1535, co nome de San Francisco de Asís de Sincelejo. Foi unha encomenda de Alonso Padilla desde 1610 a 1640. En 1776 foi erixida en correxemento polo capitán e enxeñeiro españolAntonio de la Torre y Miranda.
En 1812, durante a loita pola independencia, rexistrouse na cidade a chamada "Revolución dos curas" en contra da dominación dos libertadores da nación. En 1897 Sincelejo foi elevada á condición de capital de provincia, e máis tarde do departamento creado e extinguido anos despois. Ao constituírse en 1966 o departamento de Sucre, Sincelejo foi erixida como capital desta nova entidade administrativa.[1]
O seu alcalde é Jacobo Quessep Espinosa (2016-2019).