Saltar ao contido

Stralsund

Stralsund
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Nome orixinal
Stralsund (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Stralsund (de) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1234 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
59.450 (2023)
57.525 (2014)
58.041 (2015)
59.517 (2017)
59.421 (2018)
59.421 (2019)
59.205 (2020)
59.171 (2021)
59.171 (2021)
59.363 (2022)
54.094 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
54,14 km²
38.970.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   9 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal18435 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap26225 Editar o valor en Wikidata
VIAF146061010 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0r_w6 Editar o valor en Wikidata
NUTSDE805 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Stralsund é unha cidade hanseática pertencente o Estado federado de Mecklemburgo-Antepomerania, situada na costa norte de Alemaña.

Situada á beira do mar Báltico, está separada pola illa de Rügen do continente. Dúas pontes e varios ferrys conectan Stralsund cos portos de Rügen.

Tiña ao redor de 57 357 habitantes en 2012.

A cidade foi fundada no século XIII por colonos eslavos procedentes de Rügen.

Durante os anos seguintes chegaron comerciantes alemáns e a cidade comezou a prosperar. Isto molestou á poderosa cidade de Lübeck, a cal incendiou Stralsund en 1249.

Máis tarde sería reconstruída e rodeada por unha sólida muralla con 11 portas e 30 torres de vixilancia.

En 1293 Stralsund converteuse en Membro da Liga Hanseática e, por conseguinte, aliada de Lübeck; 300 barcos sucarían o Báltico portando a bandeira de Stralsund no século XIV.

A rivalidade entre a Liga Hanseática e o reino de Dinamarca conduciu a unha guerra aberta que terminou co Tratado de Stralsund en 1370.

Durante o século XVII foi tamén un escenario da Guerra dos Trinta Anos. O xeneral Albrecht von Wallenstein sitiou a cidade en 1628, até que as tropas suecas chegaron en axuda da cidade e forzaron a súa retirada.

Tras a guerra, a Paz de Westfalia (1648) converteu a Pomerania Occidental na Pomerania sueca e a cidade permaneceu baixo dominio sueco até 1807, perdida tras o asedio de tropas napoleónicas e, despois do Congreso de Viena, en 1815 pasou a ser parte de Prusia.

Ao dividirse Alemaña tras o final da segunda guerra mundial, Stralsund quedou dentro da República Democrática Alemá (RDA).

Tras a caída do Muro de Berlín en 1989 e a reunificación alemá, a cidade integrouse na RFA e, por tanto, na Unión Europea.

Política

[editar | editar a fonte]

Stralsund constitúe un feudo electoral da Chanceler de Alemaña Angela Merkel, a primeira muller que exerce como xefe do goberno en Berlín desde 2005.[1]

Economía

[editar | editar a fonte]

Ao igual que o resto da ex-RDA, Stralsund tivo problemas para acoplarse ao sistema da RFA. Porén, a cidade destaca por ser unha das que mellor souberon adaptarse á Nova Economía aproveitando as constantes subvencións do goberno federal e da Unión Europea.

Image
Porto de Stralsund e a nova ponte que une Stralsund coa illa de Rügen (a chamada Rügendamm).

Patrimonio cultural

[editar | editar a fonte]

Xunto coa cidade de Wismar foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002, no conxunto chamado Centros históricos de Stralsund e Wismar,[2] xustificándose porque Wismar e Stralsund eran os centros líderes da sección véndica da Liga Hanseática desde o século XIII ao XV e centros administrativos e de defensa principais no reino sueco dos séculos XVII e XVIII. Contribuíron ao desenvolvemento e á difusión das técnicas de construción en ladrillo e tipos de edificación, trazos característicos das cidades hanseáticas na rexión do Báltico, así como ao desenvolvemento de sistemas de defensa no período sueco.

Ademais, Stralsund e Wismar teñen unha importancia crucial no desenvolvemento das técnicas de construción e urbanismo que se fixeron típicos das cidades comerciais hanseáticas, ben documentadas nas principais igrexas parroquiais, a casa do concello de Stralsund e os tipos de edificios comerciaois como a Dielenhaus.[3] Protéxense dous lugares:

Código Zona Coordenadas
1067-001 Straslund 54°18′09″N 13°05′7″L / 54.30250, -13.08528
1067-002 Wismar 53°53′00″N 11°28′00″L / 53.88333, -11.46667
Monumentos máis importantes
[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Nicolao (1276), a máis antiga de Stralsund.
  • Igrexa de Santa María (1416), o maior templo da cidade.
  • Igrexa de Santiago (1303), destruída varias veces (unha delas polo xeneral Wallenstein e outra durante a segunda guerra mundial).
  • Mosteiro de Santa Catarina (século XIII), hoxe museo oceanográfico.
  • Casa do Concello de Stralsund (século XIII).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Panorámicas

[editar | editar a fonte]
Image
Vista panorámica da cidade
Image
Panorámica do porto
Image
Outra vista do porto
  1. "Bush y Merkel: tiempo de flores y asados". Deutsche Welle 13-07-2006 (en español). 2006. Consultado o 01-08-2016.
  2. "El romántico Rin, patrimonio de la humanidad". Deutsche Welle 27-06-2002 (en español). 2002. Consultado o 01-08-2016.
  3. Traducido da páxina web da UNESCO

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]