Saltar ao contido

Suva

Suva
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Suva (en)
सुवा (hif)
Suva (fj) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Suva (en) Editar o valor en Wikidata
Características
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   88.271 (2009) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.048 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   0 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+12:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF158266631 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000111831043 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bsl6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: scc.suvacitycouncil Youtube: UCdtYZRJoWCZmBgc0UnJnP2g Flickr: 84319032@N03 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Suva é a capital e cidade máis grande de Fiji. Está localizada na costa sueste da illa de Viti Levu, na división de Fiji Central, da cal tamén é a capital. Suva converteuse na capital oficial de Fiji en 1877 cando a xeografía de Kaivalagi, un antigo asentamento europeo en Levuka na illa de Ovalau, quedou pequeno. No censo de 1996, o último ata a data, a cidade de Suva tiña unha poboación de 77.366 habitantes. Incluíndo os suburbios independentes, a poboación da área urbana de Suva do Norte era de 167.975 no mesmo censo.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Image
Rúa do centro de Suva.
Image
Vista de Suva.

Suva é o centro comercial e político de Fiji, e a cidade máis grande no Pacífico Sur fóra de Australia e Nova Zelandia. É o porto principal de Fiji e foi a sede dos Xogos do Pacífico Sur en varias ocasións, a ultíma no 2003.

Aínda que Suva se sitúa nunha península, e está case rodeada polo mar, a praia máis próxima está a 40 quilómetros de distancia en Pacific Harbour, e a costa próxima está rodeada de mangleiral. Unha significativa parte do centro da cidade, incluíndo o antigo Edificio Parlamentario, foi construída sobre o mangleiral. Suva recibe unha considerable cantidade de choivas, e aínda que non chove máis que en Pohnpei, un estado de Micronesia, ten máis precipitacións que Nadi e o occidente de Viti Levu, o cal é coñecido polos suvaneses como, "o occidente ardente".

Image
Distrito Comercial Central nos anos 1950.

En 1868 o xefe bauano Seru Epenisa Cakobau, vendeulle 5000 km² de terreo, dos que 575 km² quedaban no que era entón a aldea de Suva, á Compañía Polinesia, unha compañía australiana, co propósito de pagar as súas débedas aos E.U.A. A Compañía Polinesia pensaba crear unha industria de algodón co terreo comprado, pero o clima da rexión impediullo.

Logo da anexión das illas de Fiji ao Reino Unido en 1874, as autoridades coloniais decidiron cambiar a capital, de Levuka a Suva en 1877. A transición fíxose oficial en 1882. O Coronel F.E. Pratt dos Enxeñeiros Reais foi nomeado Deseñador Xeral en 1875 e deseñou a nova capital, coa asistencia de 'W. Stephens e o Coronel R.W. Stewart.

En 1909 logo da promulgación da Ordenanza da Constitución do Municipio, Suva adquiriu status municipal. A aldea orixinalmente consistía en só unha milla cadrada; estes bordos permaneceron intactos ata 1952 cando os distritos de Muanikau e Samabula foron anexados, expandindo o seu territorio máis de 13 quilómetros cadrados. En outubro dese ano, Suva foi proclamada cidade, a primeira de Fiji. Entón foi anexada Tamavua; a extensión máis recente dos seus límites foi a incorporación do distrito de Cunningham no norte da cidade. O crecemento urbano resultou nun número de suburbios nos arredores da cidade e forman parte da área Metropolitana de Suva.

Arquitectura e urbanismo

[editar | editar a fonte]

O edificio máis alto de Fiji, o Suva Central, foi recentemente inaugurado e levántase a 24´6 metros máis que o Edificio do Banco de Reserva de Fiji. Suva Central é hoxe en día a edificación máis alta da rexión Insular Pacífica. Outra estrutura moi coñecida é a Biblioteca de Suva, construída en 1909 e financiada polo empresario e magnate Andrew Carnegie.

Image
Hospital colonial.

O complexo de edificios gobernamentais ocupa o que unha vez foi un terreo pantanoso de mangleiral, o cal foi drenado en 1935 e aproximadamente 5 km de concreto reforzado foi usado para cementar a área para que puidese soportar os grandes edificios que ían ser construídos. O edificio central foi terminado en 1939; unha nova á foi terminada en 1967. Con todo, o parlamento de Fiji foi trasladado cara a outra localidade na Rúa Ratu Sukuna en 1992.

A Casa Gobernamental foi a antiga residencia dos gobernadores coloniais de Fiji e logo da súa independencia en 1970, a dos Gobernadores Xerais de Fiji. É agora a residencia oficial do Presidente. Orixinalmente construída en 1882, tivo que ser reconstruída en 1928, logo de serios danos tras unha tormenta eléctrica en 1921.

Image
Edificio do Foro das Illas do Pacífico.

A Escola de Medicina de Fiji e un dos tres campus universitarios da Universidade do Pacífico Sur está en Suva. O campus da Universidade do Pacífico Sur (UPS) ocupa o que unha vez foi unha base de hidroavións de Nova Zelandia. É o máis grande dos campus da UPS que se atopan por todo o Pacífico Sur.

O Museo de Fiji, localizado nos Xardíns Thurston, foi fundado en 1904 e orixinalmente ocupaba a antiga alcaldía, pero moveuse ata a súa localización actual en 1954. O museo alberga a colección máis extensiva de artefactos fixianos do mundo, e tamén é unha institución educativa e de investigacións, especializada en arqueoloxía, a preservación de tradicións orais fixianas, e a publicación de material acerca da cultura e linguaxe de Fiji.

Suva ten ao redor de 78 parques. Estes inclúen o novo Xardín Takashi Suzuki e o Xardín Thurston. Aberto en 1913, os Xardíns Thurston están repletos con flora de toda a rexión do Pacífico Sur. O Parque Apted, é un lugar ideal para ver o amencer e o anoitecer.

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]
Image
Edificio do Parlamento de Fiji.

Suva ten un status municipal e é gobernado por un alcalde e un concello de vinte membros o cal é controlado polo partido Soqosoqo Duavata ni Lewenivanua que gañou a maioría de postos logo das eleccións municipais do 2005 en Suva. O actual alcalde é Ratu Peni Volavola.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Suva é unha cidade multirracial e multicultural. Fixianos indíxenas e indo-fixianos, os principais dous grupos étnicos de Fiji, compón a maioría da poboación de Suva, pero a poboación da cidade inclúe caucásicos e chineses, entre outros. A maioría de expatriados en Fiji atópanse en Suva. O idioma máis falado na cidade é o inglés, pero o fixiano, e o hindustano tamén é falado en certas áreas da cidade.

  1. "Statsfiji.gov.fj". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]