Autol
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | A Rioxa | ||||
| Capital | Autol | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.958 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 85,28 km² | ||||
| Altitude | 462 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Catalina Bastida de Miguel (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 26560 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 26021 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | autol.org | ||||
Autol é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, España. Polo municipio transcorre o río Cidacos.
Economía
[editar | editar a fonte]Autol é o primeiro centro produtor de España de cogomelos e champiñóns. Foi tradicionalmente un concello agrícola cuxos cultivos básicos foron os de secaño e en menor proporción os de regadío. Así, destaca o cultivo de viñas, cereal e oliveira. Tamén ten unha rica horta, que é a base das empresas de conservas, unha das principais fontes económicas da poboación.
Actualmente ten un cultivo intensivo de espárragos, hortalizas, froitas, cogomelos e champiñones. Tamén existen empresas dedicadas á produción de compost e de sementes.
Medio Natural
[editar | editar a fonte]
Autol está situado en plena conca do río Cidacos, entre a serra de Erga e pena Isasa. Caracterízase por ter un clima continental de invernos fríos e veráns secos e calorosos. Isto fai que a serra próxima ao municipio estea composta de monte baixo con abundantes herbas aromáticas, piñeiros laricios e negrales.
Respecto da fauna, destacan o xabaril e o corzo e as abellas, posto que hai unha gran cantidade de colmeas artificiais que se constrúen debido á abundancia de plantas aromáticas.
Festividades
[editar | editar a fonte]O 3 de febreiro celébrase San Blas, onde é típico o bolo ou rosco de repostería chamado Barzón.
A partir do 7 de setembro celébranse as súas festas patronais en honra de San Adrián e Santa Natalia.
O miserere da montaña
[editar | editar a fonte]O último sábado de xuño celébrase o Miserere da montaña, representación da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, que se inspirou na ruínas do primeiro asentamento cisterciense que se fundou en España (situado no monte Erga a 1.100 m de altitude), levada a cabo pola Confraría do Santísimo de Autol.
