Berga
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Ámbito funcional territorial | Comarques Centrals | ||||
| Comarca | Berguedà | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Berga (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 17.473 (2025) | ||||
| Número de fogares | 187 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 22,6 km² | ||||
| Bañado por | Río Llobregat | ||||
| Altitude | 704 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Baia de Mérida | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Ivan Sànchez i Rodríguez (2021–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08600 e 08611 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08022 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 080229 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ajberga.cat | ||||
Berga é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Berguedà. A zona vella foi construída na década de 1360.
Situación
[editar | editar a fonte]
A cidade de Berga atópase entre un val na Depresión Central Catalá e o Pre-pireneo, protexida dos ventos do norte pola montaña de Queralt e próxima ao río Llobregat que pasa polo extremo meridional do seu termo. Cabe destacar a súa situación xeográfica privilexiada no centro de Cataluña, que a converteu nun importante cruzamento de comunicacións.
A súa vexetación máis abundante é de piñeiro, aciñeira e carballo.

Historia
[editar | editar a fonte]Parece que pode ser a antiga Castrum Bergium, citada por Tito Livio. A invasión árabe no Berguedà foi cara ao ano 715 , logo de librarse do seu dominio, no século X formou parte do condado da Cerdaña. Foi conde de Berga Wifredo II de Cerdaña ata o seu retiro ao mosteiro do Canigó en 1035. Cando morreu o conde Bernardo Guillermo sen descendencia, pasou definitivamente o Condado de Berga a pertencer ao Condado de Barcelona no ano 1117, sendo conde Ramón Berenguer III.
No 1347 padeceu a peste negra.
Entre 1654 e 1655 foi capturada polos franceses.
Na Guerra de Sucesión Española deu apoio a Filipe V de España.
En 1854 sufriu un ataque de cólera.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía máis importante é a actividade industrial, principalmente de fiados e tecidos, a siderometalúrgica e a da madeira. A primeira máquina de fiar utilizada pola industria catalá, foi inventada en Berga pola familia Farguell no século XVIII e coñecida co nome de "A Berguedana".
Antigamente tivera unha moi importante industria relacionada coa minería.
A gandería bovina, porcina e avícola está moi recoñecida en toda a comarca, celebrándose importantes feiras durante o ano.
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]
- Igrexa Parroquial de Sta. Eulalia. Século XVII
- Igrexa de Sant Joan de Berga. Século XIII. Desde 1983 é Monumento Histórico Artístico.
- Praza de San Pedro. Orixe medieval
- Portal de Santa Magdalena. Única porta medieval que se conserva das sete que tiña
- Capela da Piedade. Século XVII
- Muíño do Sal. Século XVIII
- Santuario de Queralt. Século XVIII (Imaxe da Virxe do século XI)
- Sant Quirze de Pedret. Século IX. Malia atoparse no termo de Cercs, en 1959 foi cedida, tras un acordo, polo bispado de Solsona ao concello de Berga, para a súa restauración e conservación. Soamente se realiza culto relixioso nela o día da súa festa anual, e depende da parroquia de Berga.
Demografía
[editar | editar a fonte]Conta cunha poboación de .
| Gráfica de evolución demográfica de Berga[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo Comarcal. Fondos etnológicos, históricos e ciencias naturais.
- Museo Municipal. Cerámica, obxectos da Idade Media e restos prehistóricos da historia de Berga.
- Museo do Circo. Colección de Josep Vinyes.
- Biblioteca Ramón Vinyes i Cluet. Edificio de 1523 metros cadrados e con máis de 36.000 volumes.
Festivais e Concursos
[editar | editar a fonte]- Encontro Internacional de Música Antiga
- Concurso de Piano Cidade de Berga
- Premio Ramón Vinyes de Teatro
- Concurso de Pintura Cidade de Berga
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Desde sempre foi famosa na comarca a gastronomía de Berga, polas súas materias primas, carne, embutidos, queixos e a gran variedade de cogomelos que se atopan nos seus bosques.
- Sopa con albóndegas
- Sopa de millo
- Tenreira con cogomelos
- Carne á brasa con cogomelos variados.
Feiras e Festas
[editar | editar a fonte]Entidades de poboación
[editar | editar a fonte]- Cal Rosal
- Sant Bartomeu
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Passeig Indústria
- Igrexa de Santa Eulàlia
- Palau dels Peguera
- Castell de Sant Ferran
- Igrexa de Sant Francesc desde o Portal da Magdalena
- Carrer Major

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berga |

