"Pyramid Song" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoRadiohead. Foi publicada como primeiro sinxelo do seu álbum do ano 2001Amnesiac, sendo o primeiro sinxelo do grupo en tres anos, despois de que non se editase ningún do seu traballo Kid A. Vendeuse na meirande parte do mundo, agás nos Estados Unidos (onde "I Might Be Wrong" foi o único sinxelo). O tema acadou o número 5 nas listas do Reino Unido, e a revista NME nomeouna sinxelo da semana. A canción foi elixida número 94 na lista da Rolling Stone das "100 mellores cancións da década". En outubro do ano 2011NME situouna no posto 131 da lista das 150 mellores cancións dos últimos 15 anos, e tamén foi colocada no número 59 das 500 mellores cancións dos anos 200 segundo Pitchfork Media.