
Aquiles vraus!
Partidazo
Despois dunha mañá horrible que prevía unha tarde igual, semella que se xuntaron os santos todos e deixaron unha tarde agradable con sol abondo e temperaturas suaves. Así puidemos celebrar o aniversario de Xela na praia de Patos. Foron case todos facendo paddle surf dende a praia ata a punta de Monteferro e a Xela…
Coma caghallóns río abaixo
Venres estivemos separados coma caghallóns río abaixo. Xela coas amigas en praia América, Leo cos amigos en Samil e nós en Vlrñ. Ía muita calor e corría un aire quente e seco que viña do nordés, que é rarísimo. Estivemos muito tempo na auga coma hipopótamos; asomando só a cabeza. Tomamos algo na de Bruno…
Calores de xuño
Estamos pasando días abafantes. Domingo fomos con avóM e avoaM á Toxa, á Lanzada e a Pontevedra despois de xantarmos. Na Toxa ( aparte dese cartaz cunha barbatesa luso falante ) miramos a capela de San Caralampio, a famosa capela cuberta de cunchas de vieira para evitar a humidade. Pero avoaM non lembraba esa capela…
Décimo quinto ano (e mais un día)
E a xoubiña chegou aos seus quince anos. Sacou unhas notas impresionantes e ten muita curiosidade. Encántalle a música e agora quere aprender a tocar a batería. Non lle chega co piano, guitarra e violín. Vai ser a muller orquestra! A véspera do san Xoán estiven buscando plantas para o cacho de san Xoán e…
Aniversario na Baxiña
Este domingo pasado foi o aniversario da avoaM e fomos xantar a unha tapería que descoñeciamos e tamén coñecemos a Nerea, a moza do curmán David. A Baxiña é un sitio de recunchos feito a trompicóns e cheo de detalles curiosos. Comemos ben e rápido e non foi caro. Tardaronun pouco coa sobremesa pero é…
Pasa xuño voando
Case non escribo nada. Esta quincena estiven de mañá. Como agora non deixan pan que se xubilou o repartidor pois teño que mercalo ás seis da mañá. Logo vou aoc choio e paso pola corredora, o veciño que volve en bici e o camión de lixo. Traballo ata as tres, dúchome e volvo a casa.…
Cans 2026
O meu Cans comezou o venres coa actuación de ‘Alana’, un grupo que funde tradición con son electrónico e fixérono bastante ben aínda que o cantante ía a destempo con Antía, a cantareira. Logo marchei que tiña que traballar de noite. Na foto sai Xoán Fórneas que fixo de Castelao en ‘Antes de Nós’. O…
DLG 2026
Este ano está adicado a Begoña Caamaño, unha viguesa concienciada coa lingua e co feminismo que escribiu dúas obras de narrativa e que morreu nova dun cancro. Eu fun o outro día á feira do libro que tiña algún posto máis pero faltaba o da libraría Pedreira. Merquei dúas novelas gráficas: unha de Paco Roca…
E non puido ser
Quería ir á festa da sementeira e non fun. O mal tempo puido máis ca min e non fun. Levo anos sen ir e quero volver. Terá que ser para o ano que vén.
Os Pirús e Monçao
O día da nai fomos xantar a Os Pirús, un restaurante en Arbo que non me convencía muito despois da comida para celebrar o 90 aniversario da bisavoa Celia. Pero non, todo foi ben. Atenderon ben e rápido e a comida estaba toda boa: chocos, bacallao, churrasco e sobremesa. Confundiron a miña segunda cervexa e…
Se ha producido un error. Actualiza la página y/o inténtalo de nuevo.
Sigue mi blog
Recibe nuevo contenido directamente en tu bandeja de entrada.