Saltar ao contido

Hiriberri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHiriberri
Villanueva de Aézcoa (es)
Hiriberri (eu) Editar o valor en Wikidata
Image
Image
Imaxe

Localización
Mapa
 42°56′43″N 1°13′52″O / 42.94537, -1.23098
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación96 (2025) Editar o valor en Wikidata (4,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie21,64 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude930 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataCésar Del Río Bayonés (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31671 Editar o valor en Wikidata
Código INE31256 Editar o valor en Wikidata

Sitio webhiriberri-villanuevadeaezkoa.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6184509

Hiriberri (en castelán: Villanueva de Aézcoa, e oficialmente Hiriberri/Villanueva de Aezkoa) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na bisbarra de Auñamendi e a 54 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 113 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 21,64 km² e a súa densidade de poboación é de 5,22 hab/km².

Topónimo

[editar | editar a fonte]

A primeira mención escrita desta poboación é de 1366. Aparece no Libro de Fuegos de Navarra co nome Ireberri. En 1427 aparece co seu nome romance, Villanueva. Ámbolos nomes teñen un significado equivalente en éuscaro e castelán. Os nomes do tipo Villanueva, ou o seu equivalente Hiriberri adoitan designar vilas novas creadas por mor de repoboacións ou reagrupamentos de poboación. Curiosamente, a Villanueva situada no Val de Aezkoa, malia o seu nome, é unha das localidades máis antigas deste val. Historicamente recibiu o nome oficial de Villanueva, recibindo o apelativo de Aezcoa só de forma coloquial para distinguilo doutras localidades homónimas.

O 31 de xaneiro de 1989 aprobouse a denominación oficial bilingüe de Hiriberri / Villanueva de Aezkoa. Hiriberri é a forma en éuscaro normativo do dialectal ireberri.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Forma parte do Val de Aezkoa e atópase na ladeira suroccidental da Serra de Abodi, ó pé do monte Berrendi. O termo municipal descende nunha liña NO-SE, dende a devandita seerra, cara ó val formado polo río Irati, un dos máis caudalosos de Navarra. As extensións de fragas son considerables, sendo faias e carballos as especies máis abondosas e destacadas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
19961998199920002001200220032004200520062007
156155154152145145144144135137129
6762595859595757565450
Fontes: Hiriberri e instituto de estatística de Navarra