Antics
| Antics | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Interpol | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Antics é o segundo álbum da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 27 de setembro do 2004 a través do selo Matador Records. Aínda que máis maduro que o seu predecesor, Turn on the Bright Lights, repite a súa mesma fórmula con arranxos escasos dirixidos polo marcado son do baixo e unha forte batería, e con intricadas liñas de guitarra que lembran a The Chameleons. Musicalmente é máis brillante que o seu predecesor.
O álbum foi reeditado en agosto do 2005 nos Estados Unidos, cun segundo disco que contén catro remesturas, unha cara-B e os vídeos dos tres sinxelos.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 27 mellor álbum do ano 2004[1].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Paul Banks, Daniel Kessler, Carlos Dengler e Sam Fogarino..
| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "Next Exit" | 3:20 |
| 2. | "Evil" | 3:35 |
| 3. | "Narc" | 4:07 |
| 4. | "Take You on a Cruise" | 4:54 |
| 5. | "Slow Hands" | 3:04 |
| 6. | "Not Even Jail" | 5:46 |
| 7. | "Public Pervert" | 4:40 |
| 8. | "C'mere" | 3:11 |
| 9. | "Length of Love" | 4:06 |
| 10. | "A Time to Be So Small" | 4:50 |
Cancións extra da edición xaponesa
[editar | editar a fonte]- "Slow Hands" (Dan the Automator remix) – 4:06
- "Slow Hands" (Britt Daniel remix) – 3:46