Sam Fogarino
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de agosto de 1968 Filadelfia |
| Educación | The Art Institute of Fort Lauderdale (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | músico |
| Período de actividade | 1991 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Post-punk revival e indie rock |
| Instrumento | Batería |
| Selo discográfico | Matador Records |
Samuel Joseph Fogarino, nado en Filadelfia, Pensilvania o 9 de agosto de 1968, é o batería da banda de Nova York Interpol. Comezou a tocar a batería aos 13 anos. Coñeceu ao guitarrista Daniel Kessler en 1997 cando estaba mercando un disco nunha tenda de roupa en Brooklyn. Con máis de dez anos de experiencia, uniuse a Interpol no ano 2000 despois de que o batería orixinal, Greg Drudy deixase a banda. Fogarino fixo o seu primeiro concerto co grupo o 20 de maio dese ano.
A comezos do 2007, Fogarino xuntouse co excantante de Swervedriver Adam Franklin para crear unha banda chamada The Setting Suns. Dende aquela, o dúo cambiou o seu nome para Magnetic Morning e lanzaron un EP de seis cancións de iTunes.