Daniel Kessler
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de setembro de 1974 Londres |
| Educación | Bethesda-Chevy Chase High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista |
| Período de actividade | 1997 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Indie rock |
| Instrumento | Guitarra |
| Selo discográfico | Capitol Records |
| Sitio web | bignoble.com |
Daniel Alexander Kessler, nado en Londres o 25 de setembro de 1974, é un guitarrista e cantante inglés. Toca na banda neoiorquina de rock alternativo Interpol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kessler naceu en Londres en 1974. A principios da década de 1980 a familia mudouse a París por mor do traballo do pai, e catro anos despois, cando tiña 10 anos de idade, os pais divorciáronse e Daniel mudouse a Washington, D.C. coa súa nai e o seu irmán Mark de 13 anos. O seu irmán maior, Ted, regresou a Londres e traballou dentro da industria musical.[1]
Interpol
[editar | editar a fonte]Foi o seu desexo de tocar nunha banda o que o levou a achegarse a Carlos Dengler, con quen asistía a unha clase de historia na Universidade de Nova York (NYU). Kessler coñecía ao cantante Paul Banks dun programa de verán en París, e pediulle que se unise á banda cando o atopou en Nova York. O compañeiro de cuarto de Kessler, Greg Drudy, foi o primeiro batería de Interpol. Cando Drudy deixou a banda, Kessler pediulle ao seu amigo Sam Fogarino que o substituíse.[2]
En 1998 matriculouse na Escola de Estudo Individualizado Gallatin da NYU e graduouse en francés, cine e literatura.[3]
Tras unha serie de lanzamentos autoeditados, Interpol acabou fichando en 2002 por Matador Records conseguindo un grande éxito cos seus dous primeiros álbums, Turn On the Bright Lights e Antics. O son da banda comparouse co de bandas post-punk de finais dos 70 e principios dos 80[4] e os discos foron un éxito comercial e de crítica.[5]
Con Interpol Kessler leva publicados seis álbums de estudio, o último deles The Other Side of Make-Believe, lanzado en 2022.
Big Noble
[editar | editar a fonte]En 2014 Kessler anunciou un novo proxecto paralelo co deseñador de son Joseph Fraioli de Datach'i chamado Big Noble.[6] O seu álbum de estrea, First Light, publicouse o 2 de febreiro de 2015, e en 2025 a banda lanzou o seu segundo traballo, It's Later Than You Think.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kessler, Ted (2022-07-31). "My youngest brother is a famous rockstar. I used to worry for him, but now I just feel so proud". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-01-13.
- ↑ "Interpol rock band FAQ - Frequently Asked Questions List". interpolfaq.chavo.net (en inglés). Consultado o 2026-01-13.
- ↑ "Interpol, Dressed for Success". The Washington Post (en inglés). 2004-11-05. ISSN 0190-8286. Consultado o 2026-01-13.
- ↑ Sheffield, Rob (2002-08-14). "Turn On The Bright Lights". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-01-13.
- ↑ Raftery, Brian. "Night Falls on Manhattan". Spin. Abril de 2005
- ↑ Gordon, Jeremy (2014-10-02). "Interpol's Daniel Kessler Launches Side Project Big Noble". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-01-13.
- ↑ "It's Later Than You Think, by Big Noble". Big Noble (en inglés). Consultado o 2026-01-13.